El Correo
El Correo | |
---|---|
Fundación | 13 de abril de 1938 |
Empresa editora | El Correo S. A. |
Propietario | Vocento |
Director | José Miguel Santamaría |
Tendencia | Conservadorismo, Nacionalismo español, Catolicismo, Dereita |
Lingua | Castelán e éuscaro |
Ámbito | rexional |
Periodicidade | diaria |
Prezo | 1,40€ (2020) |
Tiraxe | 77.751 (2017) [1] |
Na rede | |
www.elcorreo.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Correo, anteriormente coñecido como El Correo Español-El Pueblo Vasco, é un xornal matutino diario de pago español con sede en Bilbao, pertencente ao Grupo Vocento. Consta de dez edicións rexionais, seis delas na provincia de Biscaia: Biscaia, Marxe Esquerda, Marxe Dereita, Duranguesado, Costa, Nervión-Ibaizábal, Álava, Miranda de Ebro, Guipúscoa e A Rioxa.[2] Edítase principalmente en idioma español, aínda que inclúe artigos e suplementos en éuscaro.
O primeiro número do xornal, baixo o título El Correo Español-El Pueblo Vasco, apareceu o 13 de abril de 1938, como fusión de dúas publicacións previas: El Pueblo Vasco, fundada o 1 de maio de 1910 polos irmáns Gabriel e Emilio Ybarra de la Revilla, e El Correo Español diario da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS".[3]
Dende a década de 1970, El Correo foi obxectivo das accións de ETA, sufrindo atentados contra as súas instalacións en varias ocasións, incluído o asasinato do seu directivo Javier de Ybarra y Bergé en 1977.[4][5]
Trátase do xornal máis lido de Biscaia e Álava, superando o 60% de cota de mercado en 2007.[2] Segundo datos da Oficina de Xustificación da Difusión, conta cunha tirada media de 137.725 exemplares diarios.[6] Doutra banda, é o sétimo periódico de pago de información xeral máis lido de España, con 520.000 lectores ao día.[7]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]El Pueblo Vasco foi creado co obxectivo de apoiar ao novo Partido Conservador de Antonio Maura en Biscaia; autodefiníase ideoloxicamente como de inspiración cristiá, español, partidario da autonomía vasca, defensor da libre empresa e monárquico afonsino.[8] Para iso, asócianse co editor do xornal do mesmo nome en San Sebastián, Rafael Picavea. O seu primeiro director foi Juan de la Cruz Elizondo, e a súa primeira sede estivo na praza circular de Bilbao, trasladándose en marzo de 1912 á rúa Ledesma. Pronto se viu enfrontado co seu gran opoñente, La Gaceta del Norte.
O 14 de xuño de 1911, cando o diario leva trece meses na rúa, constitúese a "Sociedade Civil El Pueblo Vasco de Bilbao", que vai durar vinte e oito anos, até a súa disolución en agosto de 1939. Outorgan a escritura Gabriel e Emilio de Ybarra Revilla, Rafael Picavea, Luciano Zubiría Urízar, J. J. Zayas e J. L. Goyoaga. Non figura Fernando de Ybarra para non restar independencia ao novo diario, pois é xefe do Partido Conservador. O primeiro Consello de Administración da Sociedade quedou constituído deste xeito: presidente, Rafael Picavea; vicepresidente, Gabriel de Ybarra; vogais, Emilio de Ybarra, Luciano Zubiría, J. J. Zayas e J. L. Goyoaga.
Nesta época colaboraban co periódico escritores da xeración do 98 como Azorín, Valle-Inclán ou Pío Baroja, así como Julio Camba, José María Salaverría, Concha Espina ou Pedro Mourlane Michelena.
O 17 de xullo de 1936 o xornal é intervido polo goberno republicano, tras meses de censura, non volvéndose a publicar até o ano seguinte.
Ao dezasete días de tomar Bilbao o exército franquista, o 6 de xullo de 1937 comeza a publicarse o primeiro número de El Correo Español diario da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS órgano da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS, desde os talleres incautados polo franquismo ao diario Euskadi. Ese mesmo día sae, de novo, El Pueblo Vasco ao mercado.
Fusión de El Pueblo Vasco y El Correo Español
[editar | editar a fonte]O 13 de abril de 1938, El Pueblo Vasco e El Correo Español, son obrigados a se fusionaren polo goberno franquista, publicándose desde entón como El Correo Español-El Pueblo Vasco, baixo o control da Falanxe, que designa como director a Santiago Nadal. A sociedade resultante é a Sociedade Anónima El Pueblo Vasco. Durante esa época denominouse Diario da Falanxe Española Tradicionalista e das JONS.
El Pueblo Vasco e El Correo Español dispuxo dende esta época da rotativa "Goss" doada anos antes ao diario Euskadi polo magnate norteamericano William Randolph Hearst.[9] O Goberno Vasco da época non destruíu a rotativa e, esta, foi incautada polo goberno franquista e entregada ao novo proxecto.
En 1939, Joaquín de Zuazagoitia, até entón articulista de El Diario Vasco, pasa a ser o director até o seu abandono —en 1942— ao converterse en alcalde de Bilbao.
Bilbao Editorial (1945-1976)
[editar | editar a fonte]En 1945, únense á sociedade editora as familias Echevarría e Bergareche, editores do desaparecido El Noticiero Bilbaíno. En 1947, adquiren a maior parte do guipuscoano El Diario Vasco, recuperan a parte apropiada polos falanxistas, e convértense en Bilbao Editorial.
En 1951, Alejandro Echevarría substitúe a Ramón Sierra como director, até 1966. En 1955, o diario pasa a se-lo organizador da Volta Ciclista a España.
En marzo de 1965, sendo vicepresidente Luís Bergareche, o xornal trasládase á rúa Pintor Losada, no barrio de Bolueta, abandonando o formato "saba" polo tabloide, incrementando así o número de páxinas.
Dende 1976
[editar | editar a fonte]En 1976, consegue supera en vendas ao seu rival histórico, La Gaceta del Norte, converténdose no xornal máis vendido do norte de España. Nesta época aparece por primeira vez a tira de Don Celes, de Luis del Olmo (non confundir co xornalista radiofónico do mesmo nome), que se mantén até hoxe. Tamén por esa época, ETA secuestra e mata ao entón presidente do xornal, Javier de Ybarra y Bergé.
Nos anos 80 sácase unha edición específica para a marxe esquerda da ría do Nervión, e empeza a saír tamén os luns.
En 1984, a empresa empeza a súa expansión fóra do País Vasco coa compra do cántabro El Diario Montañés, expansión que continuaría posteriormente até a formación do actual Grupo Vocento (anteriormente Grupo Correo Prensa Española).
Tras anos sendo chamado comunmente así e para tentar facer esquecer o seu pasado franquista, o xornal é finalmente rebautizado como El Correo. Neste novo período foron directores:
- Antonio Barrena, até a súa xubilación en 1990.
- Antonio Guerreiro, dende 1990 até 1993.
- José Antonio Zarzalejos, dende 1993 até principios de 1998, cando se converte no director editorial do Grupo Correo.
- Ángel Arnedo, dende o 16 de xaneiro de 1998 até 2007.
- Juan Carlos Martínez, dende 2007.
Edicións
[editar | editar a fonte]O xornal ten diferentes edicións, dez en concreto, que cobren a información dun modo máis local. Seis edicións cobren a provincia de Biscaia e outras catro cobren Álava, A Rioxa, Guipúscoa e Miranda de Ebro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "El Correo". vocento.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2011. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Ha merecido la pena". elcorreodigital.com. 2 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ Europa Press (8 de xuño de 2008). "El Correo dice a ETA que "no les silenciarán" y que trabajará por seguir informando y plantar cara al terror"". europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020.
- ↑ Guadilla, D. (9 de xuño de 2008). "Objetivo permanente de los terroristas". elcorreodigital.com (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2009.
- ↑ "Diarios. Medios impresos". ojd.es. 06-2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 2 de febrero de 2009.
- ↑ "Resumen general" (PDF). egm.es. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2009. Consultado o 2 de febrero de 2009.
- ↑ Checa Godoy (1989), p. 307
- ↑ "Una "Joya Industrial" abandonada.". El Correo. 6 de junio de 2010. Consultado o 2 de febrero de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5.