[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Josephus Nicolaus Laurenti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosephus Nicolaus Laurenti
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1735 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte17 de febreiro de 1805 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbiólogo, zoólogo, herpetólogo
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaLaurenti Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMedvik >>>:Laurent, Joseph Nicolaus, 1735-1809, Editar o valor en Wikidata

Josephus Nicolaus Laurenti, nado en Viena o 4 de decembro de 1735 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1805, foi un médico e naturalista austríaco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coñécense poucos detalles sobre a vida de Laurenti, apenas que obtivo o doutoramento en medicina en Viena en 1768 cunha tese sobre a función velenosa nos réptiles e os anfibios (Specimen Medicum, Exhibens Synopsin [sic] Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena).[1]

Durante moito tempo afirmouse que o verdadeiro autor desta tese fora J. J. Winterl, porque o seu nome aparece na última páxina, pero hoxe pénsase que Winterl, químico, era un colaborador das experiencias de Laurenti e que a tese débese a este último.

Este traballo foi de grande importancia en herpetoloxía. Carl von Linné, na edición de 1758 do seu Systema Naturae non definius máis que nove xéneros de réptiles e anfibios,[2] mentres que Laurenti definiu trinta e cinco.[3]. Algúns deles son moi coñecidos, como os xéneros Bufo, Hyla, Salamandra, Gekko, Chamaeleo, Iguana, Crocodylus, Natrix, Vipera, Naja e Constrictor.

En 1768, Laurenti tamén publicou un manuscrito en italiano titulado Il Dragone describindo a salamandra cega (o anfibio Proteus anguinus), que descubriu nas augas dunha cova en Eslovenia (ou posibelmente en Croacia occidental) Dita descrición representa a primeira contribución referida a un animal cavernícola no mundo occidental.

Foi el quen definiu por primeira vez a clase dos réptliles (Reptilia).

Ademais, contribuíu a comprender mellor o modo de acción do veleno destes animais e ao progreso dos coñecementos dos seus antídotos.

En zooloxía emprégase a abreviatura Laurenti para indicar a Josephus Nicolaus Laurenti como autoridade na descrición e na taxonomía.

  1. Laurenti, Josephus N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan. Thom., pp. 1-217. Texto íntegro (en latín).
  2. Lescure, Jean (2002): "La naissance de l'herpétologie". Bulletin de la Société herpétologique de France, 101: 5-27.
  3. Lescure, J, Op. cit.