Josephus Nicolaus Laurenti
Josephus Nicolaus Laurenti, nado en Viena o 4 de decembro de 1735 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1805, foi un médico e naturalista austríaco.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de decembro de 1735 Viena, Austria |
Morte | 17 de febreiro de 1805 (69 anos) Viena, Austria |
Educación | Universidade de Viena |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, zoólogo, herpetólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Laurenti |
Descrito pola fonte | Medvik >>>:Laurent, Joseph Nicolaus, 1735-1809, |
Traxectoria
editarCoñécense poucos detalles sobre a vida de Laurenti, apenas que obtivo o doutoramento en medicina en Viena en 1768 cunha tese sobre a función velenosa nos réptiles e os anfibios (Specimen Medicum, Exhibens Synopsin [sic] Reptilium Emendatam cum Experimentis circa Venena).[1]
Durante moito tempo afirmouse que o verdadeiro autor desta tese fora J. J. Winterl, porque o seu nome aparece na última páxina, pero hoxe pénsase que Winterl, químico, era un colaborador das experiencias de Laurenti e que a tese débese a este último.
Este traballo foi de grande importancia en herpetoloxía. Carl von Linné, na edición de 1758 do seu Systema Naturae non definius máis que nove xéneros de réptiles e anfibios,[2] mentres que Laurenti definiu trinta e cinco.[3]. Algúns deles son moi coñecidos, como os xéneros Bufo, Hyla, Salamandra, Gekko, Chamaeleo, Iguana, Crocodylus, Natrix, Vipera, Naja e Constrictor.
En 1768, Laurenti tamén publicou un manuscrito en italiano titulado Il Dragone describindo a salamandra cega (o anfibio Proteus anguinus), que descubriu nas augas dunha cova en Eslovenia (ou posibelmente en Croacia occidental) Dita descrición representa a primeira contribución referida a un animal cavernícola no mundo occidental.
Foi el quen definiu por primeira vez a clase dos réptliles (Reptilia).
Ademais, contribuíu a comprender mellor o modo de acción do veleno destes animais e ao progreso dos coñecementos dos seus antídotos.
En zooloxía emprégase a abreviatura Laurenti para indicar a Josephus Nicolaus Laurenti como autoridade na descrición e na taxonomía.
Notas
editar- ↑ Laurenti, Josephus N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan. Thom., pp. 1-217. Texto íntegro (en latín).
- ↑ Lescure, Jean (2002): "La naissance de l'herpétologie". Bulletin de la Société herpétologique de France, 101: 5-27.
- ↑ Lescure, J, Op. cit.