[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jorge Garbajosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge Garbajosa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jorge Garbajosa Chaparro Editar o valor en Wikidata
19 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Torrejón de Ardoz, España Editar o valor en Wikidata
12º President of Spanish Basketball Federation (en) Traducir
xullo de 2016 – agosto de 2023
← José Luis Sáez (en) TraducirElisa Aguilar (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura206 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–2000 Saski Baskonia
2000–2004 Pallacanestro Treviso
2004–2006 Baloncesto Málaga, SAD
2006–2008 Toronto Raptors
2008–2009 BC Khimki
2009–2011 Real Madrid Baloncesto
2011–2012 Baloncesto Málaga, SAD
Participou en
2010Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010
2009Campionato europeo de baloncesto de 2009
2008Xogos Olímpicos de 2008
2007Campionato europeo de baloncesto de 2007
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006
2005Campionato europeo de baloncesto de 2005
2004Xogos Olímpicos de 2004
2003Campionato europeo de baloncesto de 2003
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002
2001Campionato europeo de baloncesto de 2001
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5409902
Jorge Garbajosa

Jorge Garbajosa Chaparro, nado en Torrejón de Ardoz (Madrid) o 19 de decembro de 1977, é un ex xogador de baloncesto español, internacional coa selección española de baloncesto. O seu posto na cancha, cos seus 206 cm e 111 kg, era o de ala-pivote. Dende 2023 preside a FIBA Europa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con apenas 16 anos (1993) trasladouse a Vitoria desde Madrid deixando o seu club, o Mocidade Alcalá, para xogar co Taugrés Vitoria (despois Tau Cerámica) onde creceu como xogador. Tras unha primeira tempada de axuste (a campaña 93/94) pasou ó novo equipo e á nova cidade, Garbajosa logrou co Taugrés Vitoria o Campionato de España Júnior a tempada seguinte (a campaña 94/95), sendo un dos artífices principais deste éxito. Isto valeulle para que ó ano seguinte, se lle tivese en conta no primeiro equipo, co que debutou en Liga ACB con 18 anos.

Na súa primeira tempada no primeiro equipo vitoriano (a campaña 95/96) logrou a Copa de Europa e ano tras ano, foi collendo confianza, progresando no seu xogo e sendo un dos habituais nos quintetos iniciais do cadro vitoriano. Na tempada 97/98 logrou o subcampionato de Liga e un ano despois a consecución da Copa do Rei.

Benneton Treviso

[editar | editar a fonte]

Trala campaña 99/00, quizais a mellor de Garbajosa coa elástica branca do TAU, foi representante vitoriano no All-Star da ACB-, tomou a difícil decisión de abandonar a entidade baskonista logo de sete tempadas e facer as maletas rumbo a Italia, onde xogaría no Benetton de Treviso as seguintes catro campañas.

En 2000 tras recibir ofertas Real Madrid, Pau Orthez e Benetton Treviso, Jorge decantouse polo conxunto transalpino porque quería xogar no estranxeiro e a liga italiana parecíalle o suficientemente dura e competitiva como para reivindicarse como xogador. Alí está ás ordes de Mike D'Antoni e explota como xogador conseguindo varios títulos de liga e copa da liga italiana.

Unicaja Málaga

[editar | editar a fonte]

Tras casar, trasladouse a Málaga ó fichar polo Unicaja Málaga que forma un equipo arredor del nun ambicioso proxecto dirixido por Sergio Scariolo. En Málaga demostra Jorge o progreso que tivo desde que catro anos atrás abandonase a nosa liga e chega cargado de humildade e traballo pero cunhas calidades dignas dos mellores xogadores europeos no seu posto. Pronto se converte en ídolo da afección de Málaga e vestido de verde conquista a Copa do Rei a súa primeira campaña (04/05) e un ano despois (05/06) chega a eclosión coa consecución do campionato ligueiro, conseguindo como mérito persoal ser elixido o MVP da final e entrar dentro do Quinteto ideal da ACB.

Jorge Garbajosa nun partido de Toronto Raptors.

Actualmente é xogador de Toronto Raptors, equipo canadense da NBA onde tamén xoga o español José Manuel Calderón. A súa actuación no ano da súa estrea na NBA foi moi destacada como o demostra o feito de que foi proclamado como sétimo mellor rookie do ano Garbajosa, sétimo mellor 'rookie' da NBA e o que fose elixido no quinteto ideal da competición para xogadores de primeiro ano [1]. Garbajosa mesmo logrou facerse coa distinción de mellor novato do mes de decembro da Conferencia Leste [2], chegando a xogar o All Star co conxunto dos rookies en Las Vegas 2007.

O 26 de marzo de 2007 sufriu unha espectacular luxación de nocello a poucos minutos de terminar o partido que enfrontaba ós Toronto Raptors cos Boston Celtics. Operóuselle cirurxicamente e o seu tempo de recuperación (seis meses) facía perigar a súa participación no europeo de baloncesto que se celebra en España. Finalmente, a pesar de que o 24 de agosto de 2007 os Toronto Raptors fixesen oficial a súa negativa a permitir que o xogador madrileño disputase o Campionato de Europa de Baloncesto coa selección española, este finalmente farao grazas a un seguro médico que cobre os posibles riscos derivados da lesión en favor do seu actual equipo, os Toronto Raptors.

Khimki BC (Rusia)

[editar | editar a fonte]

O 24 de xullo de 2008, firmou un contrato por dúas tempadas co Khimbi BC ruso, converténdose nun dos xogadores mellor pagados de Europa, con 3 millóns de euros netos por tempada.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Con clubs

[editar | editar a fonte]
  • Campión de España Júnior co Taugrés Vitoria. Tempada 1994-95.
  • Campión da Copa de Europa co Taugrés Vitoria. Tempada 1995-96.
  • Subcampión de Liga co Tau Cerámica. Tempada 1997-98.
  • Campión da Copa do Rei co Tau Cerámica. Tempada 1998-99.
  • Campión da Liga de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2001-02 e 2002-03.
  • Subcampión da Euroleague co Benetton Treviso. Tempada 2002-03.
  • Campión da Coppa de Italia co Benetton Treviso, 2 veces. Tempadas 2002-03 e 2003-04.
  • Campión da Copa do Rei co Unicaja Málaga. Tempada 2004-05
  • Campión da Liga co Unicaja Málaga. Tempada 2005-06.

Coa selección española

[editar | editar a fonte]

Nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • Integrante do quinteto ideal da Euroleague na tempada 2002-2003.
  • Nomeado MVP da Copa de Italia da tempada 2003-2004.
  • Nomeado MVP nacional das xornadas 14, 16, 23 e 27 da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP nacional dos meses de xaneiro, febreiro e marzo da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP da xornada 20 da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP da xornada 9 da Euroliga na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP da Copa do Rei da tempada 2004-2005.
  • Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2004-2005.
  • Nomeado MVP nacional das xornada 8 e 10 da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP nacional do mes de xaneiro da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP da xornada 16 da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP da xornada 17 da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP do mes de decembro da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Integrante do segundo quinteto da Euroliga na tempada 2005-2006.
  • Integrante do quinteto ideal da ACB na tempada 2005-2006.
  • Nomeado MVP da Final da ACB da tempada 2005-2006.
  • Integrante do quinteto ideal do Mundobasket do Xapón 2006.
  • Nomeado Mellor Novato do mes de decembro na conferencia leste da NBA 2006-2007
  • Integrante do mellor quinteto ideal de rookies da NBA 2006-2007

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]