[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

John Wayne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Wayne

(1959) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Marion Robert Morrison Editar o valor en Wikidata
26 de maio de 1907 Editar o valor en Wikidata
Winterset, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xuño de 1979 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Westwood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de estómago Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPacific View Memorial Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaGlendale Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California - Pre-law (en) Traducir
Glendale High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, Actuación, dirección de cine e Produción de cinema Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactor, xogador de fútbol americano, actor de televisión, realizador, produtor, guionista, director de cinema, produtor de cinema, actor de cinema, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata - 1976 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoWestern, cinema bélico, Cinema mudo, cinema de aventuras, filme de acción, filme épico (pt) Traducir, cinema dramático e filme de suspense Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJohn Wayne Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRCA Records Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
USC Trojans football
Familia
CónxuxePilar Pallete (1954–1979)
Esperanza Baur (1946–1954)
Josephine Wayne (1933–1945) Editar o valor en Wikidata
ParellaMarlene Dietrich Editar o valor en Wikidata
FillosMichael Wayne
 () Josephine Wayne
Patrick Wayne
 () Josephine Wayne
Ethan Wayne
 () Pilar Pallete
Marisa Wayne
 () Editar o valor en Wikidata
PaisClyde L. Morrison Editar o valor en Wikidata  e Mary Brown Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webjohnwayne.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000078 Allocine: 1400 Rottentomatoes: celebrity/john_wayne Allmovie: p116130 87147 TV.com: people/john-wayne
Twitter: JohnDukeWayne Instagram: johnwayneofficial BNE: XX900528 Musicbrainz: ed0076ca-cc35-4ea4-86ad-efaf4afcb4dc Songkick: 346591 Discogs: 87393 WikiTree: Morrison-2413 Find a Grave: 1079 Editar o valor en Wikidata

John Wayne, nado en Winterset (Iowa) o 26 de maio de 1907 e finado nos Ánxeles (California) o 11 de xuño de 1979, coñecido popularmente como The Duke (O Duque) [1], foi un actor estadounidense que comezou a súa carreira no cine mudo da década de 1920, e que acadou posteriormente gran fama no cine sonoro como protagonista de películas do oeste.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Ao nacer puxéronlle o nome de Marion Robert Morrison, aínda que os seus pais llo mudaron polo de Marion Michael Morrison cando decidiron chamarlle Robert ao seu seguinte fillo. Foi o primoxénito dunha familia presbiteriana. O seu pai, Clyde Leonard Morrison, era descendente de escoceses e irlandeses, e fillo dun veterano da guerra civil americana, mentres que a súa nai, Mary Alberta Brown, era descendente de irlandeses. En 1911 toda a familia mudouse a Glendale, California. Foron os veciños de Glendale os que comezaron a chamar a Wayne polo alcume Big Duke (Gran Duque) porque estar co seu can, un Airedale Terrier, que se chamaba Little Duke (Pequeno Duque). El prefería Duke a Marion, polo que este nome lle quedou para o resto da súa vida.

Os seus primeiros anos estiveron marcados pola pobreza. Duke era un estudante bo e popular. Alto para a súa idade, foi un xogador estrela de fútbol para a escola secundaria de Glendale, e foi recrutado pola Universidade do Sur de California.

Nesta universidade foi membro dos Trojan Knights, e uniuse á fraternidade Sigma Chi. Duke tamén xogou no equipo de fútbol americano da universidade baixo as ordes do lendario adestrador Howard Jones. Unha lesión sufrida aparentemente mentres nadaba cortou a súa carreira deportiva, e tamén perdeu a súa bolsa de estudos deportiva, polo que non puido finalizar a carreira.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Mentres estaba estudando, Duke comezou a traballar cerca dos estudios de filmación locais. A estrela do cine do Oeste Tom Mix ofreceulle un traballo temporal durante un verán a cambio de entradas para os partidos de fútbol, e Duke pronto comezou a ter pequenos papeis, e fixo amizade co director de cine John Ford. Durante este período, Wayne apareceu xunto cos seus compañeiros de equipo da University of Southern California como xogador de fútbol na película Maker of Men de Columbia Pictures (filmada en 1930 e estreada en 1931), protagonizada por Richard Cromwell e Jack Holt. Na película, o Duke aparece nos créditos como Marion Morrison.

O seu primeiro papel como protagonista foi despois de dous anos de traballo en William Fox Studios, na película The Big Trail de 1930. O director da película, Raoul Walsh (considerado como descubridor seu), deulle o nome artístico de John Wayne polo xeneral da Guerra da Independencia dos Estados Unidos Anthony Wayne. Actores especialistas en escenas de risco ensináronlle a cabalgar, entre outras habilidades empregadas no cine do Oeste.

John Wayne en Centauros do deserto.

The Big Trail foi a primeira película do Oeste épica con son, na cal Wayne mostrou as súas habilidades na escena, aínda que despois a película fose un fracaso comercial. Nove anos despois, a súa actuación en A dilixencia converteuno nunha estrela. Entre tanto, realizou varios filmes do Oeste (os máis destacados con Monogram Pictures) e series para Mascot Studios (onde fixo o papel de D'artagnan na serie The Three Musketeers do ano 1933). Ese mesmo ano, Wayne tivo un pequeno papel na exitosa e escandalosa película de Alfred E. Green Baby Face.

A partir de 1928 e durante os 35 anos seguintes, Wayne aparecería en máis de vinte películas de John Ford, entre elas: A dilixencia (1939), A lexión invencible (1949), O home tranquilo (1952), Centauros do deserto (1956) The wings of eagles (1957) e O home que matou a Liberty Valance (1962).

Un dos papeis máis apreciados de Wayne foi en The hight and the mighty (1954), dirixida por William A. Wellman e baseada na novela de Ernest K. Gann. O seu papel de heroico aviador gañou unha ampla aclamación. Island in the sky (1953) está relacionada a esta película, e ambas as dúas foron feitas cun ano de diferenza cos mesmos produtores, director, escritor, editor e distribuidor.

Wayne gañou un Oscar ao mellor intérprete masculino polo seu papel na película Valor de lei (1969). Moitos pensan que o premio lle foi outorgado en recoñecemento aos seus 40 anos de carreira máis que polo seu labor neste filme en particular, xa que tivo mellores actuacións en Río vermello (1948) e en Centauros do deserto (1956). Wayne tamén estivo nomeado como mellor actor en Sands of Iwo Jima, e o filme O Álamo (1960) estivo nomeado para o Oscar ao mellor filme, sendo Wayne director e produtor da mesma. El tamén dirixiu o filme The Green Berets (1968), a única película feita durante a Guerra do Vietnam que mostrou soldados norteamericanos a favor do conflito.

Actividade política

[editar | editar a fonte]

Talvez debido á súa gran popularidade, ou á súa posición como o republicano máis famoso de Hollywood, o Partido Republicano propúxolle presentarse como candidato a presidente en 1968. Wayne rexeitou a proposta porque non cría que o público puidese tomar en serio a un actor na Casa Branca. Porén, Wayne apoiou a candidatura do seu amigo Ronald Reagan como gobernador de California en 1966 e en 1970.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Wayne estivo casado tres veces, as súas esposas foron Josephine Alicia Sánchez (divorcio 1945), Esperanza Baur (divorcio 1954) e Pilar Palette (con quen seguía casado cando morreu, en 1979). Con Josephine tivo catro fillos, dous varóns e dúas nenas: Michael Wayne (1934 - 2003), Toni Wayne (1936 - 2000) Patrick Wayne (1939), Melinda Wayne (1940) e tres con Pilar: Aissa Wayne (1956) (que escribiu unha memoria da súa vida como filla de John Wayne), Ethan Wayne (1962) e Marisa Wayne (1966).

En 1964 foille diagnosticado un cancro de pulmón, e foi sometido a unha intervención cirúrxica para lle extraer o pulmón esquerdo e dúas costelas. John Wayne finou por mor dun cancro de estómago. O seu corpo foi soterrado no cemiterio Pacific View Memorial Park de Corona del Mar, California. Na súa lápida figura a frase en castelán "Feo, fuerte y formal".

Filmografía (como actor)

[editar | editar a fonte]
  • Brown of Harvard - 1926
  • Bardelys the Magnificent - 1926
  • The Great K & A Train Robbery - 1926
  • Annie Laurie - 1927
  • The Drop Kick - 1927
  • Mother Machree - 1928
  • Four Sons - 1928
  • Hangman's House - 1928
  • Noah's Ark - 1928
  • Speakeasy - 1929
  • The Black Watch - 1929
  • Words and Music - 1929
  • Salute - 1929
  • The Forward Pass - 1929
  • Men Without Women - 1930
  • Born Reckless - 1930
  • Rough Romance - 1930
  • Cheer Up and Smile - 1930
  • The Big Trail - 1930
  • Girls Demand Excitement - 1931
  • Three Girls Lost - 1931
  • Arizona - 1931
  • The Deceiver - 1931
  • Range Feud - 1931
  • Maker of Men - 1931
  • The Shadow of the Eagle - 1932
  • Texas Cyclone - 1932
  • Two-Fisted Law - 1932
  • Lady and Gent - 1932
  • The Hurricane Express - 1932
  • Ride Him, Cowboy - 1932
  • That's My Boy - 1932
  • The Big Stampede - 1932
  • Haunted Gold - 1932
  • The Telegraph Trail - 1933
  • The Three Musketeers - 1933
  • Central Airport - 1933
  • Somewhere in Sonora - 1933
  • The Life of Jimmy Dolan - 1933
  • His Private Secretary - 1933
  • Baby Face - 1933
  • The Man from Monterey - 1933
  • Os xinetes do destino - 1933
  • College Coach - 1933
  • Camiño de Sagebrush - 1933
  • The Lucky Texan - 1934
  • O oeste da fronteira - 1934
  • Blue Steel - 1934
  • O home de Utah - 1934
  • Randy cabalga só - 1934
  • O sementador de estrelas - 1934
  • 'Neath the Arizona Skies - 1934
  • Texas Terror - 1935
  • Rainbow Valley - 1935
  • O sendeiro do deserto - 1935
  • The Dawn Rider - 1935
  • O canón do paraíso - 1935
  • Westward Ho - 1935
  • The New Frontier - 1935
  • Lawless Range - 1935
  • The Oregon Trail - 1936
  • The Lawless Nineties - 1936
  • King of the Pecos - 1936
  • The Lonely Trail - 1936
  • Ventos do ermo - 1936
  • Sea Spoilers - 1936
  • Conflict - 1936
  • California Straight Ahead! - 1937
  • I Cover the War - 1937
  • Idol of the Crowds - 1937
  • Adventure's End - 1937
  • Born to the West - 1937
  • Pals of the Saddle - 1938
  • Overland Stage Raiders - 1938
  • Santa Fe Stampede - 1938
  • Red River Range - 1938
  • A dilixencia (Stagecoach) - 1939
  • The Night Riders - 1939
  • Three Texas Steers - 1939
  • Wyoming Outlaw - 1939
  • New Frontier - 1939
  • Allegheny Uprising - 1939
  • Dark Command - 1940
  • Three Faces West - 1940
  • The Long Voyage Home - 1940
  • Seven Sinners - 1940
  • A Man Betrayed - 1941
  • Lady from Louisiana - 1941
  • The Shepherd of the Hills - 1941
  • Lady for a Night - 1942
  • Reap the Wild Wind - 1942
  • The Spoilers - 1942
  • In Old California - 1942
  • Flying Tigers - 1942
  • Pittsburgh - 1942
  • Reunion in France - 1942
  • A Lady Takes a Chance - 1943
  • In Old Oklahoma - 1943
  • The Fighting Seabees - 1944
  • Tall in the Saddle - 1944
  • Flamme of Barbary Coast - 1945
  • Back to Bataan - 1945
  • They Were Expendable - 1945
  • Dakota - 1945
  • Without Reservations - 1946
  • Anxo e demo (Angel and the Badman) -1947
  • Tycoon - 1947
  • Fort Apache - 1948
  • Río vermello (Red River) - 1948
  • 3 Godfathers - 1948
  • Wake of the Red Witch - 1948
  • The Fighting Kentuckian - 1949
  • A lexión invencible (She Wore a Yellow Ribbon) - 1949
  • Sands of Iwo Jima - 1949
  1. Era chamado Duke polos seus amigos e acreditado como Duke Morrison nas súas primeiras películas. Cando se fai referencia a el en terceira persoa, xeralmente é chamado The Duke.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]