[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Illa Bolxevique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Bolxevique
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoBolxevique Editar o valor en Wikidata
Parte deTerra do Norte Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTerra do Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaTaymyrsky Dolgano-Nenetsky District, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 78°36′33″N 102°55′41″L / 78.6092, 102.9281
Bañado porMar de Kara e Mar de Laptev Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude935 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións79 (ancho) × 149 (lonxitude) km
Superficie11.206 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1913 Editar o valor en Wikidata

A illa Bolxevique (en ruso остров Октябрьской Большеви́к, óstrov Bolxevik) é a máis meridional do arquipélago ruso da Terra do Norte, no Ártico, situada ó sueste da illa da Revolución de Outubro, da cal está separada polo estreito de Xokalski, e é a segunda illa máis grande do grupo.

A illa, xunto coa costa do leste do que foi chamada Terra do Emperador Nicolao II, foi descuberta por Boris Vilkitsky na época da Expedición Hidrográfica do océano Ártico de 1913. A súa insularidade, con todo, non foi demostrada ata 1931, cando foi explorada por primeira vez pola expedición de Gueorgui Uixàkov e Nikolai Urvantsev (1930-1932),[1] que foron os que lle deron este nome en honor dos bolxeviques, os primeiros comunistas rusos. Segundo un decreto aprobado o 1 de decembro de 2006 polo extinto goberno rexional de Taimiria, a illa foi renomeada illa de Santa Olga (остров Святой Ольги, óstrov Sviatoi Olgui) en honor da gran duquesa Olga, asasinada durante a Revolución Rusa.

Na actualidade a única estación Polar que opera en Severnaya Zemlya, atópase nesta illa preto de Cabo Baranov.[2]

Ten unha superficie estimada de 11.312 km². É montañosa, cunha altitude máxima de 935 m. Un 30% da illa está cuberta de glaciares (Leningrad, Semiónov – Tian Xanski e Kropotkin), mentres que as zonas costeiras teñen unha vexetación espesa de brión e liques. Aloxa a base ártica Prima.

  1. Barr, William (1975). "Severnaya Zemlya: the last major discovery". Geographical Journal 141 (1): 59–71. JSTOR 1796946. 
  2. "Bird Observations in Severnaya Zemlya, Siberia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de agosto de 2022. Consultado o 13 de xullo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]