Ibis sagrado
Aparencia
Ibis sagrado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Threskiornis aethiopicus Latham, 1790 | |||||||||||||||
Distribución da especie.
|
O ibis sagrado[2] (Threskiornis aethiopicus) é unha especie de ave pelecaniforme da familia Threskiornithidae[3][4] propia de rexións de África e Asia.
Características
[editar | editar a fonte]Posúe unha plumaxe branca no tronco, na base das ás, ventre e cola, e negra na testa e nos extremos das ás, que en reposo superan o longo da cola. De costumes diúrnas e gregarias, habita nas beiras dos ríos, lagos e augas estancadas, asociado con outras aves acuáticas de semellantes hábitos alimenticios como as cegoñas ou o marabú. Aliméntase principalmente de insectos e miñocas, ademais de crustáceos e pequenos réptiles, ós que captura co seu longo peteiro curvo.
Culto
[editar | editar a fonte]O ibis sagrado era considerado un animal sagrado para os exipcios. Crían que era un mensaxeiro do deus Tot.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International 2008. Threskiornis aethiopicus Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine.. In: IUCN 2009. 2009 IUCN Red List of Threatened Species
- ↑ IV Xornadas de iniciación á ornitoloxía, páxina da Sociedade Galega de Ornitoloxía
- ↑ Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ibis sagrado |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ibis sagrado |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barlow, Clive; Wacher, Tim; Disley, Tony (1997). Pica Press, ed. A Field Guide to birds of The Gambia and Senegal. Robertsbridge. ISBN 1-873403-32-1.