[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Helena (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Helena
Imaxe de Helena tomada pola Cassini e coma pano de fondo as nubes de Saturno, imaxe tomada o 3 de marzo do 2010.
Descubrimento
Descuberta por Laques e
Lecacheux
Descuberta no 1 de marzo de 1980
Designación alternativa Saturno XII
Dione B
Características orbitais
Eixo semi-maior 377.396 km
Excentricidade 0,0022
Período orbital 2,736915 días [1]
Inclinación 1,199° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 36 × 32 × 30 km
Radio medio 16 km
Período de rotación asumida coma síncrona
Oblicuidade cero
Albedo 1,67 ± 0,20 (xeométrico)[2]

Helena (ou en grego Ἑλένη) é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por Pierre Laques e Jean Lecacheux no ano 1980, a patir de observacións terrestres feitas no Observatorio Pic du Midi, e recibiu a designación temporal S/1980 S 6.[3] No ano 1988 foi oficialmente bautizada co nome de Helena de Troia, quen era neta de Cronus (Saturno) na mitoloxía grega.[4] A lúa tamén é coñecida coma Saturno XII e Dione B,[5] xa que esta lúa é co-orbital da lúa Dione e está situada no punto de Langrage de vangarda (L4). É unha das catro lúas troianas que existen no sistema de satélites de Saturno, as outras tres son: Calipso, Telesto e Polideuco, a outra troiana de Dione.

Exploración

[editar | editar a fonte]

A imaxes de Helena tomadas máis de preto son da sonda Cassini, que sobrevoou a lúa a unha distancia de 1800 km o 3 de marzo do 2010.

  1. "NASA Celestia". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2005. Consultado o 03 de xuño de 2010. 
  2. Verbiscer, A.; French, R. ; Showalter, M. ; Helfenstein, P. (2007). "Enceladus: Cosmic Graffiti Artist Caught in the Act". Science 315: 815. doi:10.1126/science.1134681.  p. 815 (baseado en material en liña, táboa S1)
  3. IAUC 3496: Satellites of Saturn 31 de xullo de 1980 (descubrimento)
  4. IAUC 4609: Satellites of Saturn and Uranus 8 de xuño de 1988 (bautizo da lúa)
  5. Transactions of the International Astronomical Union, Vol. XVIIIA, 1982 (mencionado en IAUC 3872: Satellites of Jupiter and Saturn, 30 de setembro de 1983)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]