[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hassan Al-Haidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHassan Al-Haidos

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) حسن الهيدوس Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de decembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Doha, Qatar Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaQatar Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007– Al-Sadd Sports Club
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2009   Seleção Qatariana de Futebol Sub-20 4(4)
2007–2013   Qatar national under-23 football team 14(6)
2008–   Qatar 160(34)
Participou en
2015Copa de Asia de 2015 Editar o valor en Wikidata

Instagram: hassanalhaydos FIFA: 284190 UEFA: 250031731 Editar o valor en Wikidata

Hassan Khalid Hassan Al-Haidos (en árabe: حسن خالد حسن الهيدوس), nado en Doha o 11 de decembro de 1990, é un futbolista qatarí, que xoga de dianteiro. É o futbolista con máis partidos na historia tanto do Al Sadd (401) como da selección de Qatar (163). Formado na canteira do propio Al Sadd, militou durante toda a súa carreira en dito club, do que é ademais o capitán e o segundo máximo goleador histórico (con 115 tantos), e co que gañou numerosos títulos dende o seu debut aos 17 anos, incluída unha Liga de Campións da AFC. Internacional absoluto dende 2008 é tamén o capitán da selección, coa que gañou varios torneos, entre eles unha Copa Asiática.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Al-Haydos xogando no Al Sadd nun partido da liga qatarí en 2012.

Comezou a xogar ao fútbol no Al Sadd aos oito anos, avanzando polas categorías inferiores ata que chegou ao primeiro equipo aos 17 anos. Tivo apoio e orientación desde o principio do histórico centrocampista do club, Jafal Rashed Al-Kuwari.[1]

Na tempada do seu debut gañou a súa primeira liga qatarí, á que sumou outras catro nos seguintes anos, así como varios títulos máis noutras competicións. En 2011 disputou a final da Liga de Campións da AFC contra o Jeonbuk e foi o encargado de realizar o segundo lanzamento na quenda de penaltis, anotando e contribuíndo así á consecución do título para o seu equipo. Con esta vitoria o equipo logrou a clasificación para a Copa Mundial de Clubs da FIFA como representante de Asia e no partido polo terceiro posto contra o Kashiwa Reysol Al-Haidos marcou de novo o seu lanzamento na quenda de penaltis, gañando por 5-3 despois de que o partido rematase sen goles no tempo regulamentario.[2]

Foi votado como o "Xogador Qatarí do Ano" en 2014 nunha enquisa realizada pola revista Doha Stadium, recibindo 58 de 104 votos dun xurado de analistas, adestradores e administradores.[3]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

En 2007 debutou coa selección olímpica de Qatar, saíndo dende o banco e marcando un gol contra o Xapón na fase de clasificación para os Xogos Olímpicos de 2008.[4] Participou noutros dous partidos da competición, marcando outro gol. Tamén xogou un papel importante na fase de clasificación para os Xogos Olímpicos de 2012, aínda que finalmente non conseguiu o pase ao torneo olímpico.

Fixo o seu debut coa selección absoluta de Qatar nun partido de clasificación para o Mundial de 2010 contra Bahrain o 10 de setembro de 2008.[5] Convertido nun fixo dende entón no equipo nacional, disputou 163 partidos e marcou 33 goles, o que o converte no futbolista con máis partidos da historia da selección e no seu quinto máximo goleador.[6]

Disputou tres Copas Asiáticas, nos anos 2011, 2015 e 2019, e na última delas capitaneou o equipo qatarí ata o seu único título na competición, derrotando na final ao Xapón.[7] Participou ademais nos Xogos Asiáticos de 2010, na Copa América de 2019 e na Copa de Ouro da CONCACAF 2021, na que perdeu nas semifinais ante os Estados Unidos.[8]

Qatar

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Al Sadd
Selección de Qatar
  1. "حسن الهيدوس: نجاحات جفال لن تتوقف عند تركه اللعب" (en árabe). 27 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  2. "Al Sadd beat Kashiwa Reysol for third place in Club World Cup"." (en árabe). 18 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2012. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  3. "استاد الدوحة: الهيدوس أفضل لاعب في 2014" (en árabe). 5 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2015. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  4. "Qatar beats Japan 2-1 in Olympic qualifier" (en inglés). 18 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2022. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  5. "HASSAN AL HAYDOS". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2015. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  6. "The Highest Cap Scorer" (en inglés). 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  7. "Qatar campeón y Japón vicecampeón de la Copa Asia 2019". Confederación Suramericana de Fútbol (en castelán). 1 de febreiro de 2019. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  8. "Qatar 0-1 Estados Unidos". CONCACAF (en inglés). Consultado o 8 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]