[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Hanga Roa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHanga Roa
Imaxe

Localización
Mapa
 27°08′57″S 109°25′56″O / -27.149244, -109.432323
EstadoChile
RexiónRexión de Valparaíso
ProvinciaProvincia da Illa de Pascua
ComunaIlla de Pascua Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación7.163 (2017) Editar o valor en Wikidata (563,57 hab./km²)
Xeografía
Superficie12,71 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude41 m Editar o valor en Wikidata
Creación9 de setembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Hanga Roa (do rapanui: "baía longa") é a principal cidade, porto e a capital da provincia de Illa de Pascua, en Chile. Practicamente a totalidade dos habitantes pertencentes a esta comuna localízanse neste poboado situado ao suroeste da illa, nas terras baixas entre os volcáns extintos de Maunga Terevaka e Rano Kau.

Segundo o censo de 2002, a poboación de Hanga Roa era de 3.304 habitantes, o que supón máis do 87% da poboación total da Illa de Pascua.

Vista dun moai e, ao fondo, a vila de Hanga Roa.

Posúe unha rúa principal en dirección norte-sur, a avenida Atamu Tekena, chamada así en honra ao heroe local Atamu Tekena, anteriormente coñecida como avenida Policarpo Toro, nomeada en memoria do Capitán Policarpo Toro, oficial naval chileno que anexionou a Illa de Pascua a Chile en 1888. Esta rúa é o centro da cidade, posúe moitas tendas, hoteis, restaurantes, o único supermercado da illa e a farmacia. Na intersección con Te Pito Te Henua, sitúanse os edificios públicos e o resto do comercio.

Ao norte da cidade, na zona de Tahai, atópase o Museo Antropolóxico Padre Sebastián Engler. Nesa mesma zona poden visitarse tres plataformas sacras que foron restauradas co fin de presentar os moais tal como os podiamos ver cando foron emprazados por primeira vez, así como unha tradicional casa-cova sacerdotal.

A principal actividade da localidade é o turismo, principalmente para ver os moais da illa. Hanga Roa, recibe practicamente na súa totalidade, turistas a través do Aeroporto Internacional Mataveri -cuxa construción se comezou en 1965-, ao que chegan avións de LAN Airlines, a aerolínea nacional chilena, que ofrece voos directos a Santiago e Papeete (en Tahití, Polinesia Francesa) e é a única aeroliña comercial que con regularidade voa á illa.

Á parte do turismo, outras actividades en Hanga Roa son a pesca, a agricultura e a administración (xa que varios departamentos chilenos de goberno incluíndo a Armada de Chile manteñen establecementos aquí, a illa máis occidental de Chile).

Praia Pea, é unha pequena praia situada no lado sur da caleta de Hanga Roa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]