Franco Zeffirelli
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Gian Franco Corsi Zeffirelli 12 de febreiro de 1923 Florencia, Italia |
Morte | 15 de xuño de 2019 (96 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Cimitero delle Porte Sante (en) |
Senador de Italia | |
21 de abril de 1996 – 29 de maio de 2001 Lexislatura: 13th Legislature of Italy (en) Circunscrición electoral: Catania | |
Senador de Italia | |
27 de marzo de 1994 – 8 de maio de 1996 Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) Circunscrición electoral: Catania | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Franco Zeffirelli |
Residencia | Roma |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Florencia |
Actividade | |
Campo de traballo | Dirección teatral e dirección de cine |
Lugar de traballo | Roma Italia |
Ocupación | director teatral, actor, libretista, produtor de televisión, produtor de cinema, guionista, político, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1950 - 1999 |
Partido político | Força Itália (pt) Democracia Cristã (pt) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Obálky knih, |
Páxina web | francozeffirelli.it |
|
Gianfranco Zeffirelli, nado en Florencia o 12 de febreiro de 1923 e finado en Roma o 15 de xuño de 2019,[1] foi un director e produtor de cinema e ópera italiano. Foi tamén senador (1994–2001) polo partido Forza Italia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zeffirelli naceu nos arredores de Florencia, froito da relación entre a deseñadora de moda Alaide Garosi e o repartidor de la e seda Ottorino Corsi. Como ambos os dous estaban casados, Alaide non puido empregar nin o seu apelido nin o de Corsi para o seu fillo. Finalmente escolleu "Zeffiretti", que son as “pequenas brisas” mencionadas na ópera de Mozart Idomeneo, mais foi mal deletreado no rexistro e converteuse en Zeffirelli.[2] Cando tiña seis anos morreu a súa nai e foi criado por unha comunidade de ingleses expatriados e viuse envolto particularmente co grupo Scorpioni, que inspirou o filme semiautobiográfico Tea with Mussolini (1999).
Graduouse na Accademia di Belle Arti Firenze en 1941 e por consello do seu pai entrou na Universidade de Florencia para estudar arte e arquitectura.[3] Tralo inicio da segunda guerra mundial loitou como partisano antes de reunirse cos soldados británicos e converterse no seu intérprete. Trala guerra volveu á universidade para continuar os seus estudos, mais tras ver Henry V de Laurence Olivier en 1945 a súa atención pasou ao teatro.
Mentres traballaba como pintor de escena en Florencia, coñeceu e foi contratado por Luchino Visconti, que o converteu en axudante de director de La Terra trema, estreado en 1948. Os métodos de Visconti tiveron un fondo impacto no traballo posterior de Zeffirelli.[4] Traballou tamén con Vittorio De Sica e Roberto Rossellini. Na década de 1960 fíxose un nome deseñando e dirixindo as súas propias obras en Londres e Nova York e axiña traspasou as súas ideas ao cinema.
O seu primeiro filme foi A muller indomable (1967), orixinariamente pensado para Sophia Loren e Marcello Mastroianni mais finalmente protagonizado polas estrelas de Hollywood Elizabeth Taylor e Richard Burton, que axudaron á produción e recibiron unha porcentaxe dos beneficios en lugar do seu salario normal. Mentres montaba o filme, Florencia sufriu unha gravísima inundación. Un mes máis tarde Zeffirelli estreou a curtametraxe Florence: Days of Destruction, para acadar fondos para recuperarse do desastre.[5]
O grande éxito de Zeffirelli chegou o ano seguinte cando presentou dous adolescentes como protagonistas de Romeo and Juliet (1968). O filme volveuse moi popular e ningún traballo posterior tivo o mesmo impacto.
Tralas dúas adaptacións de Shakespeare pasou ao cinema de temas relixiosos con Brother Sun, Sister Moon (1972), sobre a vida de Francisco de Asís e a miniserie Jesus of Nazareth (1977), que supuxo un éxito e foi emitida frecuentemente na televisión nos anos posteriores.
Despois de dous filmes contemporáneos, na década de 1980 dirixiu adaptacións de óperas á pantalla, con estrelas como Plácido Domingo, Teresa Stratas, Juan Pons e Katia Ricciarelli. Volveu a Shakespeare con Hamlet (1990), co entón heroe de acción Mel Gibson como protagonista.
Desde a década de 1950 Zeffirelli dirixiu óperas en Europa e nos Estados Unidos.
En 1996 fixo pública a súa homosexualidade, mais preferiu ser discreto sobre a súa vida privada.[6]
Filmografía seleccionada
[editar | editar a fonte]- La Bohème (1965; só director de produción)[7]
- Florence: Days of Destruction (1966) (curtametraxe documental)
- A muller indomable (1967)[7]
- Romeo and Juliet (1968)[7]
- Brother Sun, Sister Moon (1972)[7]
- Jesus of Nazareth (1977)[7]
- O campión (1979)[7]
- Cavalleria Rusticana (1978) con Tatiana Troyanos e Plácido Domingo[7] (director de escena)
- Pagliacci (1978) con Teresa Stratas, Sherrill Milnes e Plácido Domingo[7] (director de escena)
- Endless Love (1981)[7]
- Cavalleria Rusticana (1982) con Plácido Domingo e Elena Obraztsova[7]
- Pagliacci (1982) con Plácido Domingo e Teresa Stratas[7]
- La Bohème (1982)[7] (director de escena)
- La Traviata (1983)[7]
- Tosca (1985),[7] (director de escena)
- Otello (1986)[7] con Plácido Domingo e Katia Ricciarelli
- Hamlet (1990)[7]
- Don Giovanni[7] (director de escena)
- Don Carlo con Luciano Pavarotti e Daniela Dessi[7] (director de escena)
- Storia di una capinera (1993)[7] con Sheherazade Ventura
- Jane Eyre (1996)[7]
- Tea with Mussolini (1999)[7]
- Callas Forever (2002)[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redazione (15 de xuño de 2019). "Lutto nel mondo del cinema: morto Franco Zeffirelli". Notizie Oggi 24 (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019.
- ↑ http://biography.yourdictionary.com/franco-zeffirelli
- ↑ Donadio, Rachel (18 de agosto de 2009). "Maestro Still Runs the Show, Grandly". The New York Times. Consultado o 18 de agosto de 2009.
- ↑ "Franco Zeffirelli Biography". Yahoo! Movies. Consultado o 18 de agosto de 2009.
- ↑ "Burton Hosts Flood Special on Channel 33". Gettysburg Times. 31 de decembro de 1966. Consultado o 29 de decembro de 2012.
- ↑ McMahon, Barbara (21 de novembro de 2006). "Zeffirelli tells all about priest's sexual assault". The Guardian.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 "Franco Zeffirelli Filmography". Allmovie. Consultado o 2009-08-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franco Zeffirelli |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Zeffireli, Franco; John Tooley (Entrevistas por Anna Tims), "How we made: Franco Zeffirelli and John Tooley on Tosca (1964)",. The Guardian (Londres), 23 de xullo de 2012 en theguardian.com. Consultado o 11 de agosto de 2014