Francisco González Galán
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1897 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 9 de febreiro de 1976 (78 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | David Ricardo Francisco González Suárez |
Francisco González Galán, coñecido como Paco González, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1897 e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1976, foi un futbolista, adestrador e artista galego.[1]
Xogaba como interior dereito ou dianteiro centro e xogou nos dous principais equipos coruñeses da súa época, o Real Club Coruña e o Deportivo da Coruña. Fóra de Galicia xogou no Espanyol e foi o primeiro futbolista profesional do Real Madrid.
Foi un dos primeiros adestradores do Deportivo da Coruña, ao que dirixiu entre 1929 e 1930, pasando logo por varios equipos, entre os que destaca o Racing de Santander, co que logrou un cuarto posto na tempada 1935/36 da Primeira división, antes de sufrir problemas mentais que provocaron que fose internado durante anos no sanatorio de Conxo.
Home polifacético, foi tamén pintor, poeta e compositor de numerosas muiñeiras e pasodobres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira no modesto Club Celita da Coruña e no Arriola e en 1913 pasou ao Real Club Coruña, co que xogou ata 1918.[2][3][4][5][6] Destinado en Madrid para realizar o servizo militar,[7] fichou en 1919 polo Real Madrid, onde militou ata 1922.[8][9][10] No equipo madrileño coincidiu con xogadores como Santiago Bernabéu ou Monjardín e disputou a Copa do Rei, chegando ás semifinais na edición de 1921/22.
A continuación xogou dúas tempadas no Espanyol, club que lle pagou 3.000 pesetas pola súa fichaxe e outras mil mensuais.[11] Alí compartiu equipo co histórico gardameta Zamora, co que teceu unha grande amizade e que sería anos máis tarde padriño do seu fillo David Ricardo.[10][7][12] Durante eses anos e os seguintes xogou tamén numerosos encontros co Deportivo da Coruña, e as súas grandes actuacións valéronlle ser homenaxeado polo club,[13][14][15]
En 1924 fichou polo Elche CF, onde exerceu como xogador-adestrador.[16][17] En xaneiro de 1925, xogando co Deportivo, rompeu unha clavícula nun duro derbi contra o Celta de Vigo no campo de Coia, correspondente á tempada 1924/25 do Campionato de Galicia.[18][19] Ese mesmo ano regresou ao Real Madrid, por petición expresa de Bernabéu, e contribuíu a que o equipo gañase o Campionato Rexional Centro.[7] Foi o primeiro futbolista profesional do club branco.[11] Na tempada 1926/27 fichou como xogador-adestrador da Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega,[7] onde xogou unha tempada antes de colgar as botas, continuando logo dúas tempadas como adestrador.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]En agosto de 1929 converteuse no novo técnico do Deportivo da Coruña, funcións que viña realizando ata entón o boxeador Andrés Balsa.[20] O equipo dispoñíase a comezar a segunda tempada da Segunda división e, ao igual que na campaña anterior, a Paco González fíxoselle unha ficha como xogador por se fose necesaria a súa participación nalgún partido, cousa que sucedeu na terceira xornada ante o Valencia, por mor das lesións de Eguía e Ramón González, así como nalgún partido do Campionato de Galicia.[21]
Deixou o Deportivo en 1930 e ao ano seguinte fichou polo Nacional de Madrid,[22] ao que adestrou durante dúas tempadas antes de regresar en 1933 ao Elche.[7] Na tempada 1934/35 adestrou o Zaragoza en Segunda, e alcanzou os cuartos de final da Copa do Presidente da República, mentres que na campaña seguinte debutou en Primeira división, a cargo do Racing de Santander, co que acadou a cuarta praza final, só por detrás de Athletic de Bilbao, Real Madrid e Oviedo.
Guerra civil e posguerra
[editar | editar a fonte]En Santander tivo un enfrontamento con Roberto Álvarez Eguren, ex xogador do Racing e dirixente do PSOE. Este foi nomeado presidente do Tribunal Popular de Santander co estalido da guerra civil e enviou a Paco González á cadea. Alí o adestrador sufriu un episodio de obsesión maníaco persecutoria e tentou suicidarse. Coa entrada das tropas franquistas na cidade foi enviado ao Sanatorio de Conxo, debido ao seu mal estado mental.[7] En xuño de 1940 as autoridades da institución deixárono saír para presenciar un partido entre o Deportivo e o Compostela Sporting,[23] e pouco despois foi nomeado adestrador do equipo santiagués,[24] que contaba entre as súas filas con varios presos políticos aos que tamén se lles deixaba saír só para xogar os encontros.[25][26]
En 1942 saíu definitivamente do sanatorio e o 3 de xaneiro de 1943 realizóuselle unha homenaxe no Estadio de Riazor, onde se enfrontou o Deportivo da Coruña, con varios veteranos nas súas filas como Pepe Torres, Sarasquete ou Diz, contra unha selección galega reforzada co seu amigo Zamora, retirado dende había anos.[27][28][29] En xullo dese mesmo ano asinou contrato coa UD Salamanca,[30] á que adestrou durante unha campaña antes de fichar polo Eldense.[31] En 1946 regresou a Compostela para adestrar o Club Santiago.[32] En xuño de 1947 recibiu unha homenaxe no campo de Santa Isabel, onde se enfrontaron o Santiago e o Club Arenal. Paco González disputou dito encontro nas filas do Santiago, formando dianteira cos veteranos Ramón Polo e Vicente Rey.[33] En agosto deixou o equipo.[34]
Outras actividades
[editar | editar a fonte]Home polifacético,[35] foi ademais pintor,[36] poeta e compositor de muiñeiras e pasodobres como "Tiempos pasados",[37] "Mi brindis",[38] "Risa y llanto de España",[39] "Coruña bonita",[40] "Terra meiga"[41], "Vals azul",[42] "Vinde a bailar"[43] ou "Coitado", esta última dedicada á memoria de Xosé Baldomir.[44] Realizou varias composicións para a coral Follas Novas, entre elas "Como ch'eu quero" con letra de Leandro Carré Alvarellos e harmonizada por Manuel Fernández Amor.[45]
Familia
[editar | editar a fonte]Casou en 1931 con María Suárez Vicent,[46] e tiveron tres fillos. Un deles, David Ricardo, coñecido como Caito ou Kaito, foi tamén futbolista e xogou no Fabril, onde coincidiu con Carlos Torres e Arsenio,[47] e no Arsenal de Ferrol, antes de chegar á Segunda división, categoría na que militou no Salamanca, o Caudal e o Hércules.[48] Posteriormente militou no Xuvenil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Coruña, murió Paco González". ABC (en castelán). 20 de febreiro de 1976. p. 59. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1915. p. 1.
- ↑ "De Sport". El Ideal Gallego (en castelán). 16 de abril de 1917. p. 1. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xuño de 1917. p. 1.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 1918. p. 1.
- ↑ "El "Coruña" vence al "España" de Barcelona por dos goals a uno". El Correo Gallego (en castelán). 23 de xullo de 1918. p. 1. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 "Paco González, el forjador de los ‘Alifantes’". As (en castelán). 13 de marzo de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Datos do xogador no Espanyol". Periquito.cat (en catalán). Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Datos do xogador no Real Madrid". elaguanis.com (en castelán). Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ 10,0 10,1 "De Sport". El Progreso (en castelán). 11 de xullo de 1922. p. 2. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ 11,0 11,1 "Tres mil pesetas cobró Paco González por su fichaje en el Español". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xuño de 1963. p. 4.
- ↑ "Ráfagas". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de maio de 1932. p. 5. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Homenaje a Paco González". El Ideal Gallego (en castelán). 28 de agosto de 1923. p. 8. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "El partido de hoy". El Ideal Gallego (en castelán). 2 de setembro de 1924. p. 8. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Paco González". Galicia (en castelán). 12 de xaneiro de 1925. p. 16. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Los últimos partidos en Alicante". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de marzo de 1925. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Equipiers del Real Club Deportivo". Galicia (en castelán). 23 de marzo de 1925. p. 21. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "En el emocionante match Deportivo-Celta vence éste por 3 a 0". El Pueblo Gallego (en castelán). 20 de xaneiro de 1925. p. 6. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Hablando con Paco González". Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 1925. pp. 10–12. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Paco González, entrenador del Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán). 21 de agosto de 1929. p. 4. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Altas en el Deportivo. Solla y Eguía ya firmaron". El Ideal Gallego (en castelán). 15 de outubro de 1929. p. 1. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Paco González, entrenador del Nacional". El Ideal Gallego (en castelán). 27 de agosto de 1931. p. 5. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "El Deportivo venció en Santiago por 4-2". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 1940. p. 3.
- ↑ "Deportes". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de agosto de 1940. p. 3.
- ↑ "Santa Isabel: cuartel, prisión franquista y estadio en Santiago" (en castelán). 1 de decembro de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "Paco González, entrenador del Compostela". El Correo Gallego (en castelán). 7 de setembro de 1941. p. 6. Consultado o 3 de xuño de 2021.
- ↑ "El homenaje a Paco González". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de decembro de 1942. p. 3.
- ↑ "El beneficio a Paco González constituyó un éxito rotundo". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 2.
- ↑ "Empata a tres Deportivo y Selección Gallega". El Pueblo Gallego (en castelán). 5 de xaneiro de 1943. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Paco González, entrenador del Salamanca". El Correo Gallego (en castelán). 31 de xullo de 1943. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Ayer llegó Paco González a la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 1944. p. 2.
- ↑ "Paco González entrenará al Club Santiago". La Noche (en castelán). 21 de agosto de 1946. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Partido beneficio a Paco González". La Noche (en castelán). 9 de xuño de 1947. p. 3. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Paco González". La Noche (en castelán). 5 de agosto de 1947. p. 2. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Pasodoble gallego". El Correo Gallego (en castelán). 6 de outubro de 1953. p. 6. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Belleza y arte en Bayona La Real". El Pueblo Gallego. 22 de outubro de 1970. p. 15. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ ""Tiempos pasados"". El Correo Gallego (en castelán). 4 de maio de 1947. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "El Madrid ganó por 2-1 al Norrkoping". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de abril de 1952. p. 2.
- ↑ "Un pasodoble de Paco González". La Noche (en castelán). 13 de febreiro de 1961. p. 2. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ ""Nito" estrenará hoy su nuevo apropósito". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 1956. p. 2.
- ↑ "Un pasodoble de Paco González". La Voz de Galicia. 26 de agosto de 1950. p. 5.
- ↑ "Exito de Paco González". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 1952. p. 2.
- ↑ "Brillante actuación de la polifónica "Follas novas"". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1953. p. 2.
- ↑ "Hoy, conciertos de «Follas Novas» en el Rosalía". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 1948. p. 3.
- ↑ "Regalo de una partitura al coro "Follas Novas"". La Noche (en castelán). 22 de novembro de 1957. p. 2. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "Matrimonios". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1931. p. 7.
- ↑ "Ante la visita del Fabril". El Correo Gallego (en castelán). 9 de maio de 1951. p. 4. Consultado o 4 de xuño de 2021.
- ↑ "El hijo de Paco González, en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 4. 7 de xullo de 1959.
- Nados na Coruña
- Nados en 1897
- Futbolistas da Coruña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Club Coruña
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Elche CF
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores da Gimnástica de Torrelavega
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Real Zaragoza
- Adestradores do Racing de Santander
- Adestradores da UD Salamanca
- Adestradores do CD Eldense