Fabriciana adippe
Fabriciana adippe | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fabriciana adippe macho en Cuenca de Barberá, Tarragona. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||
|
Fabriciana adippe é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae. (Denis & Schiffermüller, 1775)[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Atópase ao noroeste de África, Europa e a Asia tépeda. En Europa atópase entre o nivel do mar e os 2100 m s. n. m. Ausente nas illas mediterráneas excepto en Sicilia.[2]
Na Península Ibérica distribúese principalmente ao norte e no centro e sur habita en zonas de montaña.[3][4][5][6]
Descrición
[editar | editar a fonte]Envergadura alar de entre 50 e 60 mm.[7] Os machos caracterízanse por dúas marcas androconiais nas veas V2 e V3 do anverso das ás anteriores.[2]
En xeral trátase dunha especie fenotípicamente moi variable, con numerosas subespecies de aspecto diferente e fáciles de confundir con outras especies semellantes.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Prefire zonas arbustivas secas e herbosas, así como claros en bosques abertos. A eiruga aliméntase de plantas do xénero Viola.[2]
Período de voo e hibernación
[editar | editar a fonte]Unha xeración ao ano entre finais de maio e agosto, segundo a localidade e a altitude. Hiberna en forma de eiruga xa formada dentro do ovo.[2]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Os imagos adoitan visitar flores de cardos e bebedoiros. A posta realízase sobre os talos ou follas da planta nutricia ou en pedras próximas. A eiruga aliméntase pola noite.[7][2][7][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Savela, Markku. "Fabriciana Reuss, 1920". Lepidoptera and Some Other Life Forms. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Tolman
- ↑ http://www.asturnatura.com/especie/argynnis-adippe.html Argynnis adippe - imágenes
- ↑ http://www.biodiversidadvirtual.org/insectarium/Argynnis-adippe-(Denis-y-Schiffermuller-1775).-cat5290.html Biodiversidad Virtual
- ↑ http://www.ukbutterflies.co.uk/species.php?vernacular_name=High%20Brown%20Fritillary UK Butterflies] (inglés)
- ↑ http://www.eurobutterflies.com/species_pages/adippe.htm European Butterflies] (inglés)
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Asturnatura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biodiversidad Virtual
- UK Butterflies (inglés)
- European Butterflies (inglés)