[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fatah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fatah
فتح
Partido político de Palestina
Dirixentes e organización
LíderMahmoud Abbas
MocidadesMocidades de Fatha
Filiación internacionalInternacional Socialista
(membro observador)
Historia
Fundación1959
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo de esquerda
Secularismo
Socialismo
Representación
Consello Lexislativo
45 / 132
Outros datos
SedeRamala - Palestina
Na rede
www.fateh.ps

Fatah (en árabe فتح‎), tamén coñecido como Al-Fatah, é unha organización político-militar palestina, fundada en 1959 en Kuwait, por Yasser Arafat. É un dos principais compoñentes da Organización para a Liberación de Palestina (OLP), que se creou en 1964, e é membro observador da Internacional Socialista, creada en 1951.

O nome é o acrónimo en árabe de "Movemiento Nacional de Liberación de Palestina" (Harakat Al-Tahrir Al-Watani Al-Falastini, حركة التحرير الوطني الفلسطيني). O artigo "al" non forma parte da sigla oficial, pero utilízase frecuentemente en ambientes xornalísticos ou coloquiais.

Fundación

[editar | editar a fonte]

Dende o fin da segunda guerra mundial formárase un movemento palestino, que aspiraba a construír un estado árabe independente sobre o entón Mandato británico de Palestina, o cal ía contra as aspiracións sionistas sobre o mesmo territorio.

Trala creación de Israel en 1948, un grupos de estudantes palestinos reuníronse, convencidos de que a mellor forma de defender a integridade e a soberanía do pobo palestino era organizar un gran movemento de resistencia, baixo a forma dun movemento revolucionario autónomo, secular e de carácter nacional, é dicir un movemento independente dos países árabes e de calquera outro poder estranxeiro ou relixioso. Desta forma, Yaser Arafat fundou a organización, xunto con Salah Khalaf e Khalil al-Wazir, que residían en Kuwait, co obxectivo de combater a Israel para conseguir a liberación de Palestina,[1] facendo un chamamento a todos os palestinos a loitar contra o Estado de Israel.

O conflito con Israel

[editar | editar a fonte]

Fatah instalouse na Franxa de Gaza a comezos de 1960. Cinco anos máis tarde o movemento comezou a súa loita armada contra Israel, o 1 de xaneiro de 1965, a través dunha ampla operación militar, co nome do seu brazo armado, al-Assifa (a tempestade).

Trala derrota árabe na Guerra dos Seis Días de 1967, que provocou a ocupación israelí da Franxa de Gaza e Cisxordania, o movemento incrementou a súa importancia entre os palestinos. A partir dese momento, comezou a etapa de loita interior, na cal o grupo radicalizou as súas accións.

Durante o ano 1967 Fatah realizou 2.432 ataques contra Israel,[2] pero as forzas de seguridade israelí frustraron a maioría destes atentados. Nestas operacións detiveron a cerca dun millar de milicianos palestinos e morreron case 200. Desta forma, o intento de levantamento popular nos territorios ocupados fracasou. En xaneiro de 1968, rexistróronse soamente 6 intentos de ataques[3]

Cambio de política

[editar | editar a fonte]

Tralo impacto mundial causado por numerosos ataques terroristas contra civís, e en particular o asasinato de 11 deportistas israelís durante os Xogos Olímpicos de Múnic, Fatah e a OLP decidiron reorientar a súa política, buscando o recoñecemento internacional da causa palestina.

En 1983, o movemento sufriu unha seria crise interna, trala invasión israelí do Líbano. Produciuse unha escisión dentro do movemento, debido ás profundas discrepancias que provocaba a política do diálogo seguida por Yasser Arafat. Desta crise Arafat saíu fortalecido e o seu movemento consolidou o seu dominio da OLP.

En 1985, a sede central da OLP bombardearona as forzas israelís, o que debilitou a súa dirección dentro da organización. Porén, logrou reverter a situación ao levar a cabo a Intifada nos territorios ocupados, en 1987.

Durante os Acordos de Oslo, en 1993, Yasser Arafat recoñeceuse como representante do pobo palestino, firmou a Declaración de Principios con Israel como parte do proceso de paz, no cal se acordou a retirada israelí dos territorios ocupados, o dereito ao autogoberno dos palestinos e a renuncia ao terrorismo contra Israel por parte da OLP. Permitíndose o regreso de Arafat do exilio en Tunisia.

A partir 1994, a dirección de Fatah fíxose cargo da Autoridade Palestina, sendo Arafat o seu presidente ata a súa morte, en 2004.

Acusacións de terrorismo

[editar | editar a fonte]

O movemento rexeitárono moitos países occidentais por supostas vinculacións co terrorismo árabe; pero tivo tamén momentos de aceptación, como o discurso de Arafat ante as Nacións Unidas (1974) en virtude do recoñecemento da OLP como lexítima representante do pobo palestino, ou a súa admisión como membro da Liga Árabe (1976).

Fatah designouse como terrorista baixo a lei israelí[4] e soia ser considerada como tal por Estados Unidos ata que rexeitou formalmente toda forma de terrorismo e recoñeceu o dereito do Estado de Israel a existir, en 1988.[5][6][7][8][9]

Por outra parte, agrupacións independentes nadas ao lado de Fatah, como as Brigadas dos Mártires de Al-Aqsa, perpetraron diversos ataques a partir da Segunda Intifada, sendo cualificadas como organización terrorista polos Estados Unidos e Israel. De acordo a fontes israelís, este grupo é o responsable de polo menos 32 ataques entre 2001 e 2007, 10 deles suicidas, cun saldo de ao redor de 130 vítimas mortais, entre civís e militares.[10][11][12]

  1. BBC News (2007). "Palestinian rivals: Fatah & Hamas". 
  2. BBC News (2007). "Radiografía de Fatah". 
  3. Benny Morris, Victimes. Histoire revisitée du conflit arabo-sioniste, Editions Complexes, 2003, p.400.
  4. Israel ministry of Defense
  5. Yassir Arafat - La historia política del líder palestino
  6. Kushner, Harvey W. (2003). Encyclopedia of Terrorism (illustrated ed.). SAGE. pp. 13-15, 281-83. ISBN 0761924086. 
  7. Lubasch, Arnold H. (30 de xuño de 1988). "Judge Rules PLO Can Retain Office". New York Times. 
  8. Palestine Information Office v. Shultz, 853 F.2d 932 (D.C.Cir. 1988).
  9. "United States Department of State Bulletin". United States Department of State. 15 de setembro de 1987. Arquivado dende o orixinal o 29-06-2012. Consultado o 23-02-2009. 
  10. Partial list of terrorist attacks during the 1994-2005 period
  11. "The Al-Aqsa Martyrs Brigade". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2008. Consultado o 24 de decembro de 2012. 
  12. "The Al-Aqsa Martys Brigade is considered as a terrorist organization by the US government". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2013. Consultado o 24 de decembro de 2012.