Forbach
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Gran Leste | ||||
Departamento | Mosela | ||||
Capital de | arrondissement of Forbach-Boulay-Moselle (en) arrondissement of Forbach (en) canton of Forbach (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 21.130 (2021) (1.294,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921434 Q24928474 | ||||
Superficie | 16,32 km² | ||||
Altitude | 219 m-192 m-388 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 57600 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | mairie-forbach.fr |
Forbach é unha pequena cidade francesa do departamento de Mosela, na rexión de Lorena. Ten 22.450 habitantes, consonte datos de 2007. Está situada a 15 km de Saarbrücken (Alemaña) e a 120 km de Estrasburgo.
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a guerra dos Trinta Anos, Forbach foi escenario de enfrontamentos armados. O castelo de Schlossberg e a muralla que o protexía foron derrocados en 1635 por orde do cardeal Richelieu. En 1739 naceu nesta cidade o xeneral Jean Nicolas Houchard, figura salientábel da Revolución Francesa e do imperio de Napoleón I.
A liña de tren entre Metz e Forbach foi inaugurada en 1851 e no ano seguinte a de Saarbrücken. A partir de mediados do século XIX tres famílias influentes dominaron a súa vida política, económica e social. Estas foron os De Wendel, os Couturier e máis os Adt. Despois da batalla de Spicheren, no marco da guerra franco-prusiana, en 1870 Forbach foi anexionada ao Reich alemán, como o resto de Lorena, do que formou parte até o final da primeira guerra mundial, momento no que Lorena (e Alsacia) foron recuperadas polo estado francés.
Durante boa parte da segunda guerra mundial, Hitler anexionou a rexión de Mosela ao Terceiro Reich.