Escala de Mercalli
A Escala de Mercalli é unha escala de 12 puntos feita para avaliar a intensidade dos terremotos a través dos efectos e danos causados a distintas estruturas. Foi creada polo vulcanólogo italiano Giuseppe Mercalli en 1883 e revisada en 1902.
Graos de intensidade
[editar | editar a fonte]Grao I
[editar | editar a fonte]Sacudida sentida por moi poucas persoas en condicións especialmente favorables.
Grao II
[editar | editar a fonte]Sacudida sentida só por poucas persoas en repouso, especialmente nos pisos altos dos edificios. Os obxectos suspendidos poden oscilar.
Grao III
[editar | editar a fonte]Sacudida sentida claramente nos interiores, especialmente nos pisos altos dos edificios, moitas persoas non o asocian cun tremor. Os vehículos de motor estacionados poden moverse lixeiramente. Vibración como a orixinada polo paso dun vehículo pesado.
Grao IV
[editar | editar a fonte]Sacudida sentida durante o día por moitas persoas nos interiores, por poucas no exterior. Pola noite algunhas espertan. Vibración de vaixelas, vidros de fiestras e portas; os muros renxen. Sensación como dun vehículo pesado chocando contra un edificio, os vehículos de motor estacionados balancéanse claramente.
Grao V
[editar | editar a fonte]Sacudida sentida case por todo o mundo; moitos espertan. Algunhas pezas de louza, vidros de fiestras etcétera, rompen; poucos casos de fendas nas placas; caen obxectos inestables. Obsérvanse perturbacións nas árbores, postes e outros obxectos altos. Detéñense os reloxos de péndulo.
Grao VI
[editar | editar a fonte]Sacudida sentida por todo mundo; moitas persoas asustadas foxen cara a fóra. Algúns mobles pesados cambian de sitio; poucos exemplos de caída de placas ou dano en chemineas. Danos lixeiros.
Grao VII
[editar | editar a fonte]Advertido por todos. A xente foxe ao exterior. Danos sen importancia en edificios de bo deseño e construción. Danos lixeiros en estruturas ordinarias ben construídas; danos considerables nas débiles ou mal planeadas; rotura dalgunhas chemineas. Percibido polas persoas que conducen vehículos en movemento.
Grao VIII
[editar | editar a fonte]Danos lixeiros en estruturas de deseño especialmente bo; considerable en edificios ordinarios con derrube parcial; grande en estruturas debilmente construídas. Os muros saen das súas armaduras. Caída de chemineas, pilas de produtos nos almacéns das fábricas, columnas, monumentos e muros. Os mobles pesados envórcanse. Area e lodo proxectados en pequenas cantidades. Cambio no nivel da auga dos pozos. Perda de control na persoas que guían vehículos motorizados.
Grao IX
[editar | editar a fonte]Dano considerable nas estruturas de deseño bo; as armaduras das estruturas ben planeadas esborrállanse; grandes danos nos edificios sólidos, con derrube parcial. Os edificios saen dos seus cimentos. Aparecen fendas no terreo. Os canos subterráneos rompen.
Grao X
[editar | editar a fonte]Destrución dalgunhas estruturas de madeira ben construídas; a maior parte das estruturas de cachotería e armaduras destrúense ata os cimentos; fendas considerables do terreo. As vías do ferrocarril tórcense. Considerables deslizamentos nas marxes dos ríos e en pendentes fortes. Invasión da auga dos ríos sobre as súas marxes.
Grao XI
[editar | editar a fonte]Case ningunha estrutura de cachotería queda en pé. Pontes destruídas. Amplas fendas no terreo. Os canos subterráneos quedan fóra de servizo. Afundimentos e derrubes en terreo suave. Gran torsión de vías férreas.
Grao XII
[editar | editar a fonte]Destrución total. Ondas visibles sobre o terreo. Perturbacións das cotas de nivel (ríos, lagos e mares). Obxectos lanzados ao aire cara a arriba.