Estala o duelo
Estala o duelo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Doragon Bōru Zetto Moetsukiro!! Nessen Ressen Chō-Gekisen |
Director | Shigeyasu Yamauchi |
Produtor | Chiaki Imada |
Guión | Takao Koyama |
Baseado en | Dragon Ball de Akira Toriyama |
Música | Shunsuke Kikuchi |
Estudio | Toei Animation |
Distribuidora | Toei Company |
Estrea | 1993 |
Duración | 45 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Os tres grandes superguerreiros |
Filme seguinte | O superheroe da galaxia |
Na rede | |
http://corp.toei-anim.co.jp/english/film/dragon_ball_z_8_the_burning_ba.php | |
Estala o duelo (極限バトル!!三大超サイヤ人 Moetsukiro!! Nessen - Ressen - Chōgekisen?) é un filme de animación xaponés dirixido por Shigeyasu Yamauchi que se estreou en 1993. Décimo primeiro filme baseado no manga e anime Dragon Ball creado por Akira Toriyama e oitavo da etapa Dragon Ball Z.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Durante un descanso de primavera chega á Terra Paragus, un dos Guerreiros do espazo sobrevivente, este chega a informarlle a Vexeta que conquistaron un novo planeta para a raza Saiyan. Toranks intenta convencer a Vexeta de que é unha trampa pero non o logra polo que decide acompañalo, xunto con eles van Oolong, Son Gohanda e Mestre Mutenroi. Por outro lado Goku é contactado por Kaiō do norte para que investigue a aparición dun Saiyan que destruíu a galaxia do sur.
Coa chegada de Goku, Brolin logra soltarse do control mental ó que o tiña sometido o seu pai. Ó espertar o seu poder destrutivo, Brolin logra facer que Goku e os seus amigos sexan insignificantes ante o seu dominio total. Mesmo Vexeta, o orgulloso príncipe dos saiyans, queda intimidado ó pensar que morrería a mans de Brolin. Tras unha dura batalla, Goku axudado coa forza dos seus amigos, logra derrotar a Brolin.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Son Goku
- Son Gohanda
- Piccoro
- Vexeta
- Brolin
- Toranks
- Krilín
- Oolong
- Bulma
- Mestre Mutenroi
- Chichi
- Doutor Brief
- Rei Vexeta
- Kaiō do norte
Música
[editar | editar a fonte]Tema de apertura
- "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama
Tema de peche
- "GIRI GIRI - Sekai Kyokugen" (GIRI GIRI-世界極限-?) por Hironobu Kageyama e Yuka
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)