[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

A batalla dos deuses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A batalla dos deuses
Ficha técnica
Título orixinalドラゴンボールZ 神と神
Doragon Bōru Zetto: Kami to Kami
DirectorMasahiro Hosoda
ProdutorRioko Tominaga
Gyarmath Bogdan
GuiónYūsuke Watanabe
Baseado enDragon Ball de Akira Toriyama
IntérpretesMasako Nozawa
Kōichi Yamadera
Masakazu Morita
Masaharu Satō
Hiromi Tsuru
Mayumi Tanaka
Ryō Horikawa
Toshio Furukawa
Tōru Furuya
Takeshi Kusao
Jōji Yanami
MúsicaNorihito Sumitomo
MontaxeShinichi Fukumitsu
EstudioToei Animation
DistribuidoraToei Company
Estrea 30 de marzo de 2013
Galicia 12 de marzo de 2017 (tvG2)[1]
Duración85 minutos (cine)
105 minutos (Fuji TV)[2]
Orixe Xapón
XéneroAnimación
Recadación$51 200 000[3]
Filme anteriorO camiño cara ó máis forte
Filme seguinteA resurrección de F
Na rede
http://www.dragonballz.com/battleofgods/ e http://www.dragonball2013.com/
IMDB: tt2263944 Filmaffinity: 167943 Allocine: 211245 Rottentomatoes: m/dragon_ball_z_battle_of_gods Mojo: dragonballz2014 Metacritic: movie/dragon-ball-z-battle-of-gods Netlix: 70295183 Editar o valor en Wikidata

A batalla dos deuses (ドラゴンボールZ 神と神 Doragon Bōru Zetto: Kami to Kami?), é o 18ª filme baseado na serie de manga e anime Dragon Ball, e o 14ª da etapa Dragon Ball Z, foi estreado no Xapón o 30 de marzo de 2013. É o primeiro filme de Dragon Ball en 17 anos que se estrea nos cines, sendo o anterior O camiño cara ó máis forte estreado en 1996 co gallo do décimo aniversario. Ó contrario que outros filmes de Dragon Ball, esta foi unha produción longa duración e non como parte de Toei Anime Fair (antigamente Toei Manga Matsuri).

É o primeiro filme xaponés da historia estreado en IMAX Digital Theaters, e foi lanzado en Blu-ray e DVD o 13 de setembro de 2013. A batalla dos deuses foi o primeiro filme considerado como parte oficial do argumento de Dragon Ball, e está ambientado no tempo do capítulo 517 do manga orixinal. De feito, o creador do manga, Akira Toriyama, estivo moi involucrado no proxecto.[4] O argumento trata sobre Beerus, o deus da destrución, que aprende sobre a derrota de Freezer a mans de Son Goku. Vendo en Son Goku un opoñente á súa altura, Beerus, xunto co seu compañeiro Whis, viaxa á Galaxia Norte para retar a Son Goku a unha batalla.[5] A primeira historia arco de Dragon Ball Super, a nova serie da franquía Dragon Ball, volve contar os eventos de A batalla dos deuses. Algúns detalles foron alterados e algunhas escenas e diálogos foron engadidos para completar a trama arco de 14 episodios.

Foi estreado en galego o 12 de marzo de 2017 a través da tvG2.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Actor de dobraxe xaponés
Son Goku Masako Nozawa
Vexeta Ryō Horikawa
Son Gohanda Masako Nozawa
Piccoro Toshio Furukawa
Krilín Mayumi Tanaka
Yamcha Tōru Furuya
Ten Shin Han Hikaru Midorikawa
Toranks Takeshi Kusao
Son Goten Masako Nozawa
Puar Naoko Watanabe
Oolong Naoki Tatsuta
Mestre Mutenroi Masaharu Satō
Bulma Hiromi Tsuru
Chichi Naoko Watanabe
C-18 Miki Itō
Señor Satán Unshō Ishizuka
Majin Boo Kōzō Shioya
Videl Yuko Minaguchi
Dende Aya Hirano
Pilaf Shigeru Chiba
Shenron Kenji Utsumi
Kaiō do norte Jōji Yanami
Gotenks Masako Nozawa
Takeshi Kusao
Ox-King Ryūzaburō Ōtomo
Mai Eiko Yamada
Shu Tesshō Genda
Doutor Briefs Jōji Yanami
Nai de Bulma Yoko Kawanami
Beerus Kōichi Yamadera
Whis Masakazu Morita
Yogen-gyo (Seer) Shoko Nakagawa
Muller policía Kaori Matsumoto
Chef de sushi Shinichi Karube
Narrador Jōji Yanami
  1. "Os arquivos da meiga". Consultado o 14 de marzo de 2017. 
  2. Anime News Network, ed. (21 de agosto de 2014). "FUNimation To Release Dragon Ball Z: Battle of Gods Uncut Version for Home Video". Consultado o 5 de marzo de 2015. 
  3. "Dragon Ball Z: Battle of Gods (2014) - Box Office Mojo". Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  4. Anime News Network, ed. (14 de xullo de 2012). "New Dragon Ball Film Set Between 517th & 518th Manga Chapters". Consultado o 13 de novembro de 2012. 
  5. Anime News Network, ed. (3 de decembro de 2012). "2013's Dragon Ball Z: Battle of Gods Film Story Outlined". Consultado o 9 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]