Embraer EMB 314 Super Tucano
Aparencia
Embraer EMB 314 Super Tucano | |
---|---|
Tipo | ataque e contrainsurxencia |
Fabricante | Embraer |
Primeiro voo | 3 de xuño de 1999 |
Introducido | 2003 |
Principais usuarios | Forza Aérea Brasileira Forza Aérea de Colombia Forza Aérea de Chile Forza Aérea de Ecuador |
Produción | 2003 - presente |
Unidades construídas | máis de 200 |
O Embraer EMB 314 Super Tucano, tamén chamado ALX ou A-29, é un avión turbohélice brasileiro de ataque lixeiro deseñado e fabricado por Embraer a partir do Embraer EMB 312 Tucano. O A-29 Super Tucano pode levar distintas armas, incluída munición guiada de precisión, e foi deseñado como un sistema de baixo custo operado en contornas de ameaza baixa.[1]
Ademais da súa fabricación no Brasil, Embraer estableceu unha liña de produción nos Estados Unidos en conxunción con Sierra Nevada Corporation para a fabricación do A-29 a clientes de exportación.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nigeria A-29 Super Tucano light attack aircraft contract finally lands". The Defense Post (en inglés). 2018-11-29. Consultado o 2022-05-16.
- ↑ "AFSOCs Newest A-29 Light Attack Aircraft Closer to Final Delivery". www.sncorp.com. Consultado o 2022-05-16.