[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Embraer EMB 110 Bandeirante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Embraer EMB 110 Bandeirante
Bandeirante de Aeropelican
Tipoavión rexional
FabricanteEmbraer
Deseñado porMax Holste
Primeiro voo26 de outubro de 1968
Introducido16 de abril de 1973
Estadoactivo
Produción1968 - 1990
Unidades construídas501

O Embraer EMB 110 Bandeirante é un avión bimotor turbohélice para 15-21 pasaxeiros deseñado tanto para uso civil como militar. Foi fabricado pola corporación brasileira Embraer. Trátase do primeiro avión producido pola compañía e realizou o seu primeiro voo o día 26 de outubro de 1968.

A designación de Bandeirante fai referencia ao nome polo que eran coñecidos os colonos portugueses, que expandiron os límites do Imperio Portugués adentrándose no interior das terras do Brasil durante os séculos XVI e XVII, espallando así tamén a cultura e lingua portuguesa.