Durban
Epónimo | Benjamin d'Urban (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Província da África (pt) | KwaZulu-Natal | |||
Municípios metropolitanos da África (pt) | eThekwini Metropolitan Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 595.061 (2011) (2.634,06 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 225,91 km² | |||
Altitude | 22 m | |||
Creación | 1835 | |||
Organización política | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4001 e 4000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 031 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | durban.gov.za | |||
Durban (eThekwinien en zulú) é unha cidade da provincia de KwaZulu-Natal, Suráfrica, localízase nunha baía natural e ten un dos maiores portos do océano Índico.
Posúe 3.100.000 habitantes. O 68,3 % dos habitantes son de etnia negra, o 19,9 % son asiáticos, o 8,98 % son brancos e o 2,82 % colorados. O 63 % da poboación fala zulú, 30% inglés, 3'4% xosa, 1'4% afrikaans, 0'7 % sesotho.
Historia
[editar | editar a fonte]O 25 de decembro de 1497 o explorador portugués Vasco da Gama ancorou na actual localización da cidade e deulle o nome de Río de Natal, pero non deixou ningún asentamento europeo e o territorio seguiu pertencendo aos zulús.
En 1824 Francis Farewell e Henry Fynn, aventureiros e comerciantes británicos deixaron a colonia do Cabo para establecer un negocio de comercio de marfil en Natal, máis tarde uníuselles Nathaniel Isaacs que marchara na súa busca e xuntos estableceron un posto comercial nun terreo que lles dera o rei Shaka dos zulús, que denominaron Port Natal, o pequeno asentamento converteuse nunha cidade e en 1835 déronlle o nome de Durban, en honra do gobernador da colonia do Cabo, Benjamin d'Urban. Os boers establecéronse sobre as montañas de Drakensberg en 1838 e, despois dunha serie de batallas, o goberno do Cabo construíu un forte. En 1844 o territorio pasou a formar parte da colonia do Cabo e os colonos británicos comezaron a establecerse na cidade. A partir de 1860 os británicos trouxeron milleiros de traballadores da India e doutros países asiáticos para traballaren nos campos de cana de azucre. Mahatma Gandhi viviu na cidade, e foi onde adquiriu conciencia política, ao ver a discriminación que sufrían os indios.