Draco
Draco | |
---|---|
Nome latino | Draco |
Abreviatura | Dra |
Xenitivo | Draconis |
Simboloxía | O Dragón |
Ascensión recta | 15 h |
Declinación | +75° |
Área | 1083 graos cadrados
Rango 8º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
3 |
Estrela máis brillante | γ Dra (Etamin)
(magnitude ap. 2,23) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −15°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo | |
Draco ou Dragón[1] é unha constelación que está moi ó norte, que é circumpolar para moitos observadores do Hemisferio Norte. É unha das 88 constelacións modernas, e tamén é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo.
Aínda que é moi grande, Draco non ten estrelas especialmente brillantes. A cabeza do dragón está representada por un cuadrilátero de estrelas situadas entre Hércules e a Ursa Minor.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Draconis (Thuban), estrela branca de magnitude 3,67, antigamente utilizada coma estrela polar.
- β Draconis (Alwaid ou Rastaban), con magnitude 2,79, superxigante ou xigante amarela 950 veces máis luminosa có Sol.
- γ Draconis (Etamin, tamén Eltanin ou Al Tais), estrela xigante laranxa, a máis brillante da constelación con magnitude 2,23.
- δ Draconis (Altais ou Nodus Secundus), xigante de cor amarela-laranxa e magnitude 3,07.
- η Draconis (Aldhibain), a segunda estrela máis brillante da constelación (magnitude 2,74), 61 veces máis luminosa có Sol e situada a 88 anos luz.
- θ Draconis, estrela subxigante branco-amarela e binaria espectroscópica.
- ι Draconis (Edasich), xigante laranxa de magnitude 3,29 onde se ten descuberto un planeta cunha órbita moi excéntrica.
- κ Draconis, xigante branco-azulada e estrela Be, rodeada dun ancho disco creado pola súa rápida rotación.
- λ Draconis (Gianfar ou Giausar), xigante vermella e variable semirregular.
- μ Draconis (Arrakis), estrela binaria composta por dúas ananas amarelas separadas 2 segundos de arco.
- ν Draconis (Kuma), estrela dobre cunhas compoñentes que distan 62 segundos de arco e poden ser observadas cuns prismáticos.
- ξ Draconis (Grumium), xigante laranxa a 111 anos luz de distancia.
- σ Draconis (Alsafi), estrela anana laranxa a 18,81 anos luz do sistema solar.
- χ Draconis, de magnitude 3,55, estrela binaria a 26 anos luz.
- AG Draconis, estrela simbiótica que cada 10 o 15 anos sofre estalidos que multiplican o seu brillo por cinco.
- BY Draconis, sistema estelar formado coma mínimo por tres compoñentes; as dúas principais forman o prototipo das variables BY Draconis.
- CM Draconis, sistema triplo composto por dúas ananas vermellas -tamén variables BY Draconis- e unha anana branca.
- Struve 2398, sistema binario de dúas ananas vermellas nas proximidades do sistema solar.
- Gliese 687, anana vermellas a un pouquiño menos de 15 anos luz da Terra.
Obxectos notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- Nebulosa Ollo de gato (NGC 6543), unha das nebulosas planetarias máis brillantes e de maior interese.
- NGC 5866, unha galaxia lenticular.
- Galaxia espiral NGC 4319 e a súa posible asociación co obxecto Markarian 205.
- Galaxias espirais NGC 4236 e NGC 5907, esta última 3º ó sur-suroeste de Edasich (ι Draconis).
- Galaxia Anana de Draco, unha das máis febles que se coñecen, forma parte do Grupo Local.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Na mitoloxía grega coñécese a esta constelación grazas á undécima tarefa encargada a Hércules. Nela debía consegui-las manzás da árbore de Gaia no xardín das Hespérides, onde Hera tiña posto a Ladon, o dragón de cen cabezas, coma protector. Hera sentiu moito a perda do seu bravo gardián do xardín das Hespérides, polo que puso ó seu dragón no firmamento ó redor do polo norte. A constelación presenta unha das pernas de Hércules sobre a cabeza do dragón.
Noutra versión tratabase dun serpe que durante a xigantomaquia bateron os xigantes sobre Atenea. Esta lanzou a serpe ó ceo, onde quedou fixada.
Segundo outra versión, tratabase da forma de serpe que tomou Zeus para escapar de seu pai, Crono.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Draco |