Circinus
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Compás.
Circinus | |
---|---|
Nome latino | Circinus |
Abreviatura | Cir |
Xenitivo | Circini |
Simboloxía | Compás |
Ascensión recta | 15 h |
Declinación | −60° |
Área | 93 graos cadrados
Rango 85° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | α Cir
(magnitude ap. 3,2) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +10° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xuño | |
Circinus, ou Compás[1] é unha das constelacións pequenas do sur (declinación −50 a −60 graos).
Historia
[editar | editar a fonte]Esta constelación foi inventada no século XVIII, e foi inserida por Nicolas Louis de Lacaille, quen tiña unha fascinación pola ciencia secular, de onde sacou numerosos nomes para as constelacións. Dado que é unha creación do século XVIII, non foi visible para as culturas do Mediterráneo, polo que non existe mitoloxía anterior ó século XVIII asociada con esta constelación.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Circini, a estrela máis brillante da constelación, unha variable Alfa2 Canum Venaticorum cunha magnitude que varía entre 3,18 e 3,21.
- γ Circini, estrela dobre, onde as súas compoñentes están separadas 0,9 segundos de arco.
- δ Circini, estrela de magnitude 5,04, é unha estrela azul do raro tipo espectral O moi afastada de nós, a uns 6500 anos luz.
- AX Circini, de magnitude 5,87, é unha estrela dobre e variable cefeida.
- BU Circini, estrela variable Beta Cephei.
Outras estrelas con desginación de Bayer
[editar | editar a fonte]Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 5315, nebulosa planetaria cunha estrutura en forma de X.
- Pismis 20, pequeno cúmulo aberto 12 arcmin ó suroeste de β Circini.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circinus |