[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Digimon Tamers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Digimon Tamers
{{{caption}}}
デジモンテイマーズ
(Dejimon Teimāzu)
Anime Digimon Tamers
Dirixido por Yukio Kaizawa
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 1 de abril de 2001
Última emisión 31 de marzo de 2002
Núm. de capítulos 51
Traballos relacionados

Digimon Tamers (デジモンテイマーズ Dejimon Teimāzu?) é a terceira serie de animación baseada na franquía xaponesa Digimon.

A historia ten lugar inicialmente nun universo alternativo, nun mundo moi semellante á Terra, onde os digimons son só un negocio do entretemento, composto por videoxogos, cartas coleccionábeis, e series de televisión. Un grupo de tres rapaces de 12 anos[1] (10 na versión xaponesa), Takato, Henry e Rika (fans do xogo de cartas) coñecen ós seus propios compañeiros digimon reais, e comezan a loitar contra os outros digimon que cruzan a barreira entre a rede da información e o mundo real. A maioría da acción transcorre no barrio de Shinjuku en Toquio, Xapón e tamén no Digital World durante un curto período de tempo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Personaxes princiapais

[editar | editar a fonte]
Personaxe Actor de dobraxe Digimon Actor de dobraxe
Takato Matsuki
Matsuda Takato (松田 啓人)
Makoto Tsumura (XAP) Guilmon Masako Nozawa (XAP)
Un imaxinativo rapaz que crea el mesmo ó seu compañeiro digimon, e que gradualmente xorde como o líder non oficial do grupo. Imaxinou a Guilmon e deulle a vida despois de descubrir o seu Digivice.
Henry Wong
Li Jianliang/Ri Jenrya (李 健良)
Mayumi Yamaguchi Terriermon Aoi Tada
Un rapaz medio xaponés, medio chinés, e a voz da razón dentro do grupo. El escolle a Terriermon como compañeiro nun videoxogo.
Rika Nonaka
Makino Ruki (牧野 留姫)
Fumiko Orikasa Renamon Yuka Imai
Unha rapaza forte e decidida, campioa do xogo de cartas de Digimon e inicialmente a que máis experiencia ten nas batallas reais Digimon. Escolle a Renamon polo único desexo de ter un compañeiro forte.
Ryo Akiyama
Akiyama Ryō (秋山 リョウ)
Junichi Kanemaru Cyberdramon Ikkei Seta
Un enigmático rapaz que desapareceu no mundo dixital despois de gañarlle a Rika e tomar o primeiro lugar no Torneo de Cartas de Digimon.
Jeri Katou
Katō Juri (加藤樹莉)
Yoko Asada Leomon Hiroaki Hirata
Unha das compañeiras do colexio de Takato. Ten unha pobre relación co seu pai como resultado da morte da súa nai.
Kazu Shioda
Shiota Hirokazu (塩田 博和)
Yukiko Tamaki Guardromon Yanada Kiyoyuki
Un dos mellores amigos de Takato e Kenta, que xoga a miúdo con eles ó xogo de cartas Digimon. Idolatra a Ryo por ser o campión do xogo.
Kenta Kitagawa
Kitagawa Kenta (北川 健太)
Tōko Aoyama MarineAngemon Ai Iwamura
Un dos amigos de Takato e Kazu. El es moito máis resignados e menos dado a falar sen pensar en comparación con Kazu.
Suzie Wong
Li Shaochung/Ri Shiuchon (李 小春)
Ai Nagano Lopmon Aoi Tada
A irmá máis nova de Henry. Nun principio non sabe que Terriermon é real, e trátao coma se fose un dos seus peluches.
Ai e Mako
Ai (アイ) e Makoto (マコト)
Haruhi Terada & Miwa Matsumoto Impmon Hiroki Takahashi
Dous nenos pequenos que coñeceron a Impmon cando este acababa de chegar por primeira vez ó mundo real; a súa experiencia con eles dous xeraron nel o seu desagrado cos seres humanos. Reconcílianse con Impmon preto do fin da tempada.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]