Digimon Adventure
Digimon Adventure | |
---|---|
デジモンアドベンチャー (Dejimon Adobenchā) | |
Anime Digimon Adventure | |
Dirixido por | Hiroyuki Kakudou |
Estudio | Toei Animation |
Canle televisiva | Fuji TV |
Primeira emisión | 7 de marzo de 1999 |
Última emisión | 26 de marzo de 2000 |
Núm. de capítulos | 54 |
Traballos relacionados | |
Digimon Adventure (デジモンアドベンチャー Dejimon Adobenchā?) é unha serie de animación xaponesa creada en 1999 por Toei Animation, baseada no filme do mesmo nome. É a primeira serie de animación da franquía Digimon. A serie continúa cos mesmos personaxes en Digimon Adventure 02.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O 1 de agosto de 1999, sete nenos do Xapón son repentinamente trasladados a unha estraña dimensión, chamada "Digital World", mentres estaban nun campamento de verán. Durante as súas aventuras, os nenos Tai, Matt, Sora, Izzy, Mimi, Joe, e T.K., descobren que se atopan nun lugar onde habitan criaturas dixitais chamadas "Digimon". Facendo amizade con sete digimon, os nenos aprenden que teñen a habilidade de axudar a evolucionar ós seus compañeiros Digimon (digivolve) en formas máis fortes e poderosas que poden combater ós inimigos durante un curto período de tempo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Os oito nenos elixidos aparecen primeiro, seguidos dos seus compañeiros Digimon.
Personaxes principais
[editar | editar a fonte]Personaxe | Actor de dobraxe | Digimon | Actor de dobraxe |
---|---|---|---|
Taichi "Tai" Kamiya Yagami Taichi (八神 太一) |
Toshiko Fujita (XAP) | Agumon | Chika Sakamoto (XAP) |
O líder dos nenos elixidos e o irmán máis vello de Kari Kamiya. Caracterízase por ser algo testán, pero tamén valente e alegre. Ten o emblema do Valor. | |||
Yamato "Matt" Ishida Ishida Yamato (石田 ヤマト) |
Yuuto Kazama | Gabumon | Mayumi Yamaguchi |
Aínda que é unha persoa bondadosa e o líder secundario, vese a miúdo como o Lobo solitario do grupo. É o irmán máis vello de T.K. Takaishi. Ten o emblema da Amizade. | |||
Sora Takenouchi Takenouchi Sora (武之内 空) |
Yuko Mizutani | Biyomon Piyomon |
Atori Shigematsu |
Sora é unha rapaza moi fiable e trata de coidar dos outros nenos. Polo tanto, o seu papel representa unha figura materna para varios personaxes. Ten o emblema do Amor. | |||
Koushiro "Izzy" Izumi Izumi Kōshirō (泉 光子郎) |
Umi Tenjin | Tentomon | Takahiro Sakurai |
Un pensador moi intelixente e lóxico, a pesar de estar entre os máis xoves do grupo. Tamén é un experto en informática e emprega constantemente o seu portátil. Ten o emblema do Coñecemento. | |||
Mimi Tachikawa Tachikawa Mimi (太刀川 ミミ) |
Ai Maeda | Palmon | Shihomi Mizowaki |
Nun principio é vista como a egoísta e malcriada do grupo, pero Mimi é cariñosa e moi leal ós seus amigos. Ten o emblema da Inocencia. | |||
Joe Kido Kido Jō (城戸 丈) |
Masami Kikuchi | Gomamon | Junko Takeuchi |
O máis maior do grupo. É responsable e reflexivo, pero preocúpase demasiado. trata de actuar como a voz da razón do grupo. Ten o emblema da Sinceridade. | |||
Takeru "T.K." Takaishi Takaishi Takeru (高石 タケル) |
Hiroko Konishi | Patamon | Miwa Matsumoto |
O máis cativo de todos e irmán máis novo de Matt. Ó comezo depende demasiado dos demais, pero logo aprende a desenvolverse por si mesmo. Ten o emblema da Esperanza. | |||
Hikari "Kari" Kamiya Yagami Hikari (八神 ヒカリ) |
Araki Kae | Gatomon Tailmon |
Yuka Tokumitsu |
Xentil, pero fráxil, Kari únese ó grupo tempo despois, porque non puido ir ó campamento por estar enferma. É a irmá máis nova de Tai. Ten o emblema da Luz. |
Malvados
[editar | editar a fonte]Devimon (デビモン) |
Episodios 1-13 | Kaneto Shiozawa | |
O primeiro malvado co que se atopan os nenos. Destruído por Angemon. Reaparece nos episodios 19 a 21 en Digimon Adventure 02 , onde o Emperador Digimon emprega os seus datos para completar a Kimeramon. | |||
Etemon (エテモン) |
Episodios 14-20, 46-47 | Yasunori Masutani (JP) | |
O segundo malvado ó que se enfrontan. Destruído por primeira vez por MetalGreymon, pero máis tarde regresou como MetalEtemon. MetalEtemon foi destruído por SaberLeomon e Zudomon. | |||
Myotismon Vamdemon (ヴァンデモン) |
Episodios 20-39 | Ryūzaburō Ōtomo | |
Terceiro malvado. Destruído por vez primeira por Angewomon e os outros digimons, pero regresou como VenomMyotismon. Destruído outra vez por WarGreymon e MetalGarurumon. Reaparece en Digimon Adventure 02 como MaloMyotismon, foi destruído por Imperialdramon Fighter Mode. | |||
Piedmon Piemon (ピエモン) |
Episodios 50-52 | Chikao Ōtsuka | |
O líder dos Mestre Escuros. Destruído por MagnaAngemon coa axuda de WarGreymon e MetalGarurumon. | |||
MetalSeadramon Piemon (ピエモン) |
Episodios 41-42 | Yuuto Kazama | |
O señor do Net Ocean, un gran océano cunhas poucas illas. Cando os nenos elixidos loitaban contra Myotismon en Toquio, MetalSeadramon tomou o control da porción do océano da Montaña Espiral. Destruído por WarGreymon. | |||
Machinedramon Mugendramon (ムゲンドラモン) |
Episodios 48-49 | Hisao Egawa | |
O señor da Digital City, que semella unha fusión das cidades máis importantes da Terra. Destruído por WarGreymon. | |||
Apocalymon Apokarimon (アポカリモン) |
Episodios 52-54 | Chikao Ōtsuka | |
O malvado que orixinalmente puxo ó Digital World en perigo. O creador dos Mestres Escuros e o que lles deu a Devimon, Etemon e Myotismon) os seus poderes. Foi definitivamente destruído polos esforzos combinados de WarGreymon, MetalGarurumon, Garudamon, MegaKabuterimon, Lillymon, Zudomon, MagnaAngemon e Angewomon. | |||
Puppetmon Pinocchimon (ピエモン) |
Episodios 43-47 | Etsuko Kozakura | |
O menor dos Mestres Escuros e o que máis tempo durou na loita contra os nenos elixidos (cinco episodios). Destruído por MetalGarurumon. |