Dardanelos
(tr) Çanakkale Boğazı (el) Δαρδανέλλια (grc) Ἑλλήσποντος | ||||
Tipo | estreito | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Hele (pt) e Dardania | |||
Parte de | Mar de Mármara Mar Negro | |||
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Çanakkale, Turquía | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Profundidade | 82 m | |||
Dimensións | 61 () km | |||
Área importante para as aves | ||||
Identificador | çanakkale-strait-iba-türkiye | |||
Dardanelos (turco: Çanakkale Boğazı; grego: Δαρδανέλλια), antigamente Helesponto, é un estreito no noroeste da Turquía que liga o mar Exeo ao mar de Mármara. O seu nome provén de Dradania, unha antiga cidade frixia enclavada na beira asiática do estreito. Mide uns 71 km de lonxitude, cun ancho que varía dos 1.600 m aos 6.500 m, e ten unha profundidade media duns 50 m.
Ao igual que o estreito de Bósforo separa Europa (neste caso, a península de Gallipoli) de Asia. A maior cidade próxima ao estreito é Canakkale, que ten o seu nome do seu famoso castelo (kale significa "castelo").
Os Dardanelos é un antigo vale fluvial que se afundiu no cuaternario. Ten unhas costas pouco accidentadas e nel abunda o peixe.
Historia
[editar | editar a fonte]O estreito tivo un papel importante ao longo da Historia (por exemplo, a Guerra de Troia acontece no lado asiático do estreito). Foi tamén o escenario da lendaria historia grega de Hero e Leandro. Os exércitos persas de Xerxes I (480 a. C.) e, máis tarde, o exército macedoniano de Alexandre o Grande (334 a. C.) atravesaron o estreito de Dardanelos en direccións opostas para invadir as terras uns dos outros.
No Imperio Bizantino foi importante para a defensa de Constantinopla.
A partir do século XIV o estreito foi controlado case continuamente polos turcos, tendo unha importancia vital para a armada do Imperio Otomán para a súa dominación no mar Mediterráneo oriental. O estreito sufriu unha tentativa de invasión con innúmeras perdas humanas polos aliados durante a primeira guerra mundial que case custou a carreira política de Winston Churchill (a Entente (Alianza) perdeu a batalla o 18 de marzo de 1915).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Imaxes da cidade de Çanakkale
- Imaxes de Çanakkale e Dardanelos Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- Imaxes do Dardanelos