[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Aristófanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAristófanes

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀριστοφάνης Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 445 a. C. Editar o valor en Wikidata
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Morte385 a. C. Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e drama Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncomediógrafo, dramaturgo, poeta Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoComedia Editar o valor en Wikidata
MovementoComedia antiga Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAraros Editar o valor en Wikidata
PaiPhilippus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0034922 IBDB: 4223
BNE: XX910946 Dialnet: 2275933 Musicbrainz: 38c84aa8-d33f-4c33-bea2-56b016581f5f Songkick: 8750464 Discogs: 706026 IMSLP: Category:Aristophanes Find a Grave: 86216058 Editar o valor en Wikidata

Aristófanes (448 a.C. - 380 a.C., en grego Ἀριστοφάνης) foi un cómico e dramaturgo grego. Escribiu máis de 40 comedias pero só se conservan once completas. Traducidas á lingua galega, publicáronse Nubes e Asemblearias, nun único volume, o número 7 da colección Clásicos en Galego, editado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Clásicos en Galego 7. Nubes e Asemblearias.

Sonnos descoñecidos o lugar e a data do seu nacemento, mais posiblemente se educou en Atenas. Vivía no lugar de Kudathenaium. É famoso por ter escrito comedias como As aves para festas atenienses: as Grandes dionisíacas e a Lenea. En total escribiu corenta obras, once das cales chegaron ata nós, e que son os únicos exemplos superviventes da Comedia ática antiga. Moitas destas pezas tratan temas políticos. Adoitaban ser sátiras dos cidadáns máis famosos de Atenas ou a súa conduta na Guerra do Peloponeso. Foi acusado diversas veces de difamación. Unha comedia famosa, As ras, recibiu a honra insólita de ser repetida, e segundo un biógrafo posterior, foi premiada cunha coroa cívica.

Aristófanes aparece na obra O banquete de Platón, expondo unha explicación mitolóxica cómica da orixe do amor. Nubes, unha produción desastrosa que acabou nun humillante último posto nunha festa Dionisíaca, satiriza o novo ensino da sofística, tan de moda entre a aristocracia do momento; Sócrates será a vítima satirizada, aparecendo como un sofista. Lisístrata foi escrita durante a guerra con Esparta, e presenta o pacifismo de forma cómica: as mulleres de ambas as cidades deixan de ter sexo cos seus maridos ata que abandonen a loita.

Consérvane un total de 11 comedias:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]