[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gustavo Balza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGustavo Balza
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0051301 Editar o valor en Wikidata

Gustavo Balza Gámez, nado en Caracas, Venezuela, en 1965, é un director de cine venezolano actualmente residente en Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gustavo Balza estudou xornalismo na Universidade Central de Venezuela e despois, en 1990, diplomouse na especialidade de dirección na Escuela Internacional de Cine y Televisión (EICTV), de San Antonio de los Baños, provincia de Artemisa, Cuba.

Desde principios da última década do século XX, Balza traballou como axudante de dirección e de produción en diversos filmes. Tamén realizou varias curtametraxes de ficción e publicitarias.

Producido polo Centro Nacional Autónomo de Cinematografía e a entidade francesa Fonds Sud Cinema, o filme Caracas, amor a muerte (2000) foi a primeira longametraxe de ficción de Gustavo Balza, quen tamén coescribiu a película xunto con Armando Coll. Se non fose polo seu título, que especifica o espazo onde transcorre a acción, Caracas, amor a muerte pode ocorrer en calquera cidade latinoamericana (nalgúns países chamouse El valle), onde unha adolescente embarazada se debate entre abortar ou dar a luz un bebé non desexado. O pai, un mozo violento, e o cura, opóñense ao aborto; e a súa avoa quere impedir que se repita a historia das mulleres da familia. Ninguén pensou que a futura nai é a única que ten o dereito a decidir con liberdade.

A finais de 2001, Balza trasladouse a Galicia, á Coruña. No país traballa como director de series e películas para a televisión.

Dirixiu o telefilme Secuestrados en Xeorxia (2001), varios capítulos das series de televisión As leis de Celavella (2004-2005) e Os Atánticos (2007), e foi axudante de dirección de Antón Dobao no telefilme O bosque de Levas (2006), de Manuel Martín Cuenca en O Tesouro (2007), e de Rodrigo Rodero na longametraxe El Idioma Imposible (2009). En 2011 dirixiu Doentes, mellor longametraxe de ficción na décima edición dos Premios Mestre Mateo, e dous anos máis tarde foi xefe de produción por Venezuela en Libertador, unha coproducción internacional sobre la vida de Simón Bolívar.

Filmografía (como director)

[editar | editar a fonte]
  • 2000 Caracas amor a muerte (filme)
  • 2003 Secuestrados en Xeorxia (telefilme)
  • 2004 As leis de Celavella (serie de televisión)
    • Elemental, querido Paquiño, temporada 2, episodio 9 (6 de xuño de 2004)
  • 2008-2009 Os Atlánticos (12 episodios)
    • 1. Comuñón (21 de xaneiro de 2008)
    • 2. Sorpresa (28 de xaneiro de 2008)
    • 3. O meu bailador (18 de febreiro de 2008)
    • 4. Perdedores (10 de marzo de 2008)
    • 5. Coma a roda do muíño (31 de marzo de 2008)
    • 6. Sen volta atrás (7 de abril de 2008)
    • 7. Unha decisión difícil (2 de decembro de 2008)
    • 8. Cuestión de confianza (9 de decembro de 2008)
    • 9. Segredos e mentiras (16 de decembro de 2008)
    • 10. Sexo, mentiras e cintas de gasolineira (23 de decembro de 2008)
    • 11. My way (13 de xaneiro de 2009)
    • 12. Licor do negro café (13 de xaneiro de 2009)
  • 2011 Doentes (filme)

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Filme Resultado
2011 Mellor director Doentes Nomeado
Mellor guión Doentes Nomeado

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]