Guaraná
- Este artigo trata sobre unha planta/froito, se está a procurar pola bebida refrixerante véxase: Guaraná (bebida).
Guaraná | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Paullinia cupana Kunth 1823 |
O guaraná[1] Paullinia cupana Kunth tamén chamado guaranazeiro ou uaraná no Brasil[2], é unha rubideira orixinaria da Amazonia. Atópase no Brasil, Perú, Colombia e Venezuela, cultivándose principalmente no municipio de Maués, no estado do Amazonas e na Baía. Pertence á familia Sapindaceae.
O seu froito, o guaraná é rico en vitaminas e estimulantes como a cafeína polo que é utilizado para consumos, principalmente coma bebida.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Paullinia foi atribuído por Linné ao xénero ao que pertence o guaraná en homenaxe ao médico e botánico alemán Simon Pauli. "Guaraná" é oriúndo do tupí wara'ná[2].
Descrición
[editar | editar a fonte]As súas follas son trifoliadas. As flores son pequenas e brancas[2]. O seu froito posúe gran cantidade de cafeína (chamada guaraína cando falamos de guaraná) e, debido ás súas propiedades estimulantes, úsase na fabricación de xaropes, barras, pos e bebidas refrixerantes. Ten a casca vermella e, cando madurece, deixa aparecer a polpa branca e as súas sementes, que se asemellan a ollos. Na rexión próxima ao municipio de Maués, onde é cultivado, os indios da nación saterê-mawé teñen lendas sobre a orixe da planta.
Bebidas
[editar | editar a fonte]En Galiza non son comúns as bebidas feitas con extractos de guaraná. Porén en Portugal prodúcense bebidas refrixerantes de guaraná desde o final da década de 1990, sendo inicialmente importados do Brasil. O refrixerante de guaraná máis vendido do mundo é o Guaraná Antarctica, producido desde abril de 1921 no Brasil.
Efectos da inxestión
[editar | editar a fonte]O guaraná é un estimulante: aumenta a resistencia nos esforzos mentais e musculares e diminúe a fatiga motora e psíquica, no que xogan un papel importante as xantinas que posúe (cafeína e teobromina).[3] Entre tanto, se é inxerido en exceso, provoca efectos colaterais como , irritabilidade, taquicardia, desordes do sistema nevioso central, mioglobinuria e acía[3][4]
A lenda do guaraná
[editar | editar a fonte]As tribos de Munducurucânia eran as mais prósperas dos indios. Vencían todas as guerras, as pescas eran óptimas, os peixes, os mellores e a doenza era rara. Todo iso por causa dun curumim (neno) que, hai algúns anos, nacera naquela tribo. O cativo era o máis protexido de todos. Nas pescas, era acompañado por moitos - os pescadores desviaban dos ríos as pirañas, caimáns ou calquera outro perigo. Mais, certo día, toda a seguranza foi en balde: o Xenio do Mal apareceu en forma de axóuxere e feriu o mozo. A tribo entrou en lamentación e en desespero.
Tupã, o Deus dos indios, atendeu a todo aquel lamento e dixo:
- Tirade os ollos do curumim e plántádeos na terra firme, regádeos con bágoas durante catro lúas e alí ha nacer a "planta da vida", ela dará forza aos mozos e afouteza aos vellos.
Os xamáns non dubidaron, arrincaron e plantaron os ollos do curumim e regaron con bágoas durante catro lúas.
Naceu alí unha nova planta, travesa como os nenos, con talos escuros e sucados como os músculos dos guerreiros da tribo. Cando a planta frutificou, amosou os seus froitos acibeche, envoltos dun arilo branco con dúas cápsulas de cor vermella viva. Dicían os indios:
- É a multiplicación dos ollos do príncipe!
E o froito trouxo o progreso da tribo. Axudou aos vellos e deu máis forza aos guerreiros.[5].
Propiedades
[editar | editar a fonte]O guaraná é rico en substancias funcionais, entre elas a cafeína, a teobromina, a teofilina e outras. Algúns efectos atribuídos ao consumo de guaraná é o de que é afrodisíaco, ten acción tónica, é adstrinxente, febrífugo, diurético e serve para o cansazo físico e mental etc.[6]
Proceso de industrialización da bebida
[editar | editar a fonte]O proceso de procesamento do xarope da froita iniciouse no Brasil en 1905 por Luiz Pereira Barreto, un médico da cidade de Resende, no Río de Xaneiro. En 1906, foi lanzado, pola F. Diefenthaller, unha fábrica de refrixerantes de Santa Maria, no Rio Grande do Sul, o Guaraná Cyrilla e, en 1921, o Guaraná Champagne Antarctica, pola empresa homónima.
En Serbia e noutros países do Leste de Europa, fabrícase unha bebida enerxética á base de guaraná, comercializada con este nome, aínda que, no canto do gusto doce do refrixerante, ten un sabor amargo e efecto cardioacelerador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Botánica" en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
- ↑ 2,0 2,1 2,2 FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.873
- ↑ 3,0 3,1 Marques, Leila Larisa Medeiros; Ferreira, Emilene Dias Fiuza; Paula, Mariana Nascimento de; Klein, Traudi; Mello, João Carlos Palazzo de (2019-1). "Paullinia cupana: a multipurpose plant – a review". Revista Brasileira de Farmacognosia (en inglés) 29 (1): 77–110. doi:10.1016/j.bjp.2018.08.007.
- ↑ "Os efeitos do Guaraná em pó". www.sempretops.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 21 de maio de 2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2013. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
- ↑ "GUARANÁ: Estudos sobre propriedades medicinais e funcionais do Guaraná". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Guaraná |