[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gran Premio de Acerbaixán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Acerbaixán
Imaxe
Nome na lingua orixinal(en) Azerbaijan Grand Prix Editar o valor en Wikidata
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto urbano de Bakú (Bakú) 40°22′N 49°51′L / 40.37, 49.85 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude6,003 km Editar o valor en Wikidata
PaísAcerbaixán Editar o valor en Wikidata
Vixencia2017 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoSergio Pérez Mendoza
(2021)
Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Acerbaixán (azarí: Azərbaycan Qran Prisi) é un evento de carreiras de motor de Fórmula Un que se celebrou por primeira vez en 2017.[1][2] Celébrase no circuíto urbano de Bakú, un circuíto urbano en Bakú, a capital de Acerbaixán.

O primeiro Gran Premio de Fórmula Un que se celebrou en Acerbaixán foi o Gran Premio de Europa de 2016, que tivo lugar no Circuíto urbano de Bakú. Un ano despois, no 2017, a mesma sede acolleu o primeiro Gran Premio de Acerbaixán. A carreira celebrouse o 25 de xuño e foi unha das cinco carreiras que se disputaron nun circuíto urbano durante a tempada de Fórmula Un de 2017, xunto con Singapur, Mónaco, Gran Premio de Australia e Gran Premio do Canadá. O primeiro gañador do Gran Premio de Acerbaixán foi Daniel Ricciardo de Red Bull.[3]

O Gran Premio de Acerbaixán de 2018 tivo lugar o 29 de abril como a cuarta proba da tempada de 2018 e gañouno Lewis Hamilton.[4]

O Gran Premio de Acerbaixán de 2019 celebrouse o 28 de abril como a cuarta proba da tempada do 2019. En marzo de 2020, a carreira aprazouse debido á pandemia de COVID-19, antes de ser cancelada a finais de ano. O Gran Premio de Acerbaixán de 2021 foi a sexta proba da tempada do 2021.

Ningún piloto de Fórmula 1 gañou dúas veces en Bakú ata o momento, aínda que a carreira gañouna dúas veces Mercedes (2018 e 2019) e tres veces por Red Bull Racing (2017, 2021 e 2022).

Gañadores

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Construtor Localización Data Resultado
2024 Australia Oscar Piastri McLaren Circuíto de Bakú 15 de setembro Resultados
2023 Sergio Pérez Red Bull-Honda RBPT Circuíto de Bakú 30 de abril Resultados
2022 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Circuíto de Bakú 12 de xuño Resultados
2021 Sergio Pérez Red Bull Circuíto de Bakú 6 de xuño Resultados
2020 Non celebrado
2019 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes Circuíto de Bakú 28 de abril Resultados
2018 Lewis Hamilton Mercedes Circuíto de Bakú 29 de abril Resultados
2017 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Circuíto de Bakú 25 de xuño Resultados
  1. "FIA Announces World Motorsports Council decisions". Fédération Internationale de l'Automobile. 30 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  2. "No German Grand Prix on F1 2017 calendar but Azerbaijan race is official". The Guardian. Reuters. 30 de novembro de 2016. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  3. [1][Ligazón morta] Daniel Ricciardo of Red Bull grabbed his first win of the 2017 Formula 1 campaign during Sunday's Azerbaijan Grand Prix
  4. [2] Lewis Hamilton wins Azerbaijan Grand Prix after Red Bulls suffer calamity

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]