[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Giovanni Battista Pergolesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiovanni Battista Pergolesi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giovanni Battista Draghi Editar o valor en Wikidata
4 de xaneiro de 1710 Editar o valor en Wikidata
Jesi, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte16 de marzo de 1736 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Pozzuoli, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, organista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1731 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoÓpera Editar o valor en Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrancesco Durante (pt) Traducir e Gaetano Greco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
Enciclopedia de Otto
Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0673694 Allocine: 37334 Allmovie: p218220 IBDB: 5722
BNE: XX878869 Spotify: 08ewVs9B2qQZ2Gy3xfTFyo iTunes: 4326587 Last fm: Giovanni+Battista+Pergolesi Musicbrainz: 7640225e-5758-40e2-a37b-971c2a7994b0 Songkick: 541131 Discogs: 734491 IMSLP: Category:Pergolesi,_Giovanni_Battista Allmusic: mn0001169112 Find a Grave: 67072392 Editar o valor en Wikidata

Giovanni Battista Pergolesi (Jesi, 4 de xaneiro de 1710 - Pozzuoli, 16 de marzo de 1736), foi un dos máis importantes compositores de ópera buffa e de música sacra da época barroca, alén de violinista e organista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Francesco Andrea Draghi-Pergolesi, topógrafo e vencellado coa nobreza local, a súa posición económica permitiu que o fillo puidera recibir unha educación musical a cargo do mestre de capela da catedral, grazas á influencia do marqués de Pianetti logrou entrar no prestixioso Conservatorio dei poveri di Gesù Cristo en Nápoles en 1722, alí estudou composición con algún dos grandes da escola musical napolitana como Gaetano Greco, Leonardo Vinci e Francesco Durante. En 1731 compuxo para o exame final dos seus estudos musicais o drama sacro La conversione di San Guglielmo. Tras saír do conservatorio Pergolesi realiza a súa primeira ópera seria, Salustia, nun estilo conservador estreouse en xaneiro de 1732 con escaso éxito. O príncipe Ferdinando Colonne Stigliano nomeao o seu mestre de capela nese ano e ponse a traballar na súa seguinte obra, Lo frate 'nnamorato, ópera buffa con libreto de Gennaro Antonio Federico en lingua napolitana, a obra convértese nun éxito extraordinario tras a súa estrea en setembro de 1732; O tráxico terremoto que sufriu a cidade nese inverno levou a Pergolesi a compoñer misas e salmos, neste campo a Messa in fa maggiore (1734), composta polo kyrie e o o gloria seguindo a tradición napolitana, unha das súas obras máis logradas.

Con ocasion do aniversario da emperatriz María Cristina estrea Il prigionier superbo, drama musical en tres actos, que tivo éxito grazas ao seu intermedio buffo La serva padrona.

O 10 de maio de 1734 Carlos de Borbón, o futuro Carlos III conquistou Nápoles e gran parte da aristocracia local a causa da guerra buscara refuxio en Roma, Pergolesi tamén estableceu a súa residencia nesa cidade ao servizo do duque de Maddaloni. En 1735 estreou L'Olimpiade, cunha linguaxe delicada e idílica, cheo de melodías íntimas. Xa delicado de saúde en 1736 compuxo o Stabat Mater.