Giorgio (canción)
«Giorgio» | ||
---|---|---|
Sinxelo de Lys Assia | ||
Lanzamento | 1958 | |
Formato | Disco de vinilo 7" | |
Gravada | 1958 | |
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Alemán, italiano | |
Duración | ||
Discográfica | Decca Records | |
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | Paul Burkhard (música) Fridolin Tschudi (letra) | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
«Giorgio» é unha canción composta por Paul Burkhard e interpretada en alemán e italiano por Lys Assia.[1] Lanzouse como sinxelo en 1958 mediante Decca Records.[2] Foi elixida para representar a Suíza no Festival de Eurovisión de 1958 tras ser seleccionada internamente pola emisora suíza SRG SSR.[3][4]
Festival de Eurovisión 1958
[editar | editar a fonte]Giorgio | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1958 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Paul Burkhard (música) Fridolin Tschudi (letra) |
Director | Paul Burkhard |
Resultados | |
Posto na Final | 2.º |
Puntos na Final | 24 |
Cronoloxía | |
◄ «L'enfant que j'étais» (1957) | |
«Irgendwoher» (1959) ► |
Selección
[editar | editar a fonte]«Giorgio» foi seleccionada para representar a Suíza no Festival de Eurovisión 1958 pola emisora suíza SRG SSR.[3][4]
No festival
[editar | editar a fonte]A canción participou no festival celebrado nos estudos AVRO en Hilversum o 12 de marzo de 1958, sendo interpretada pola cantante suíza Lys Assia.[4] A orquestra foi dirixida por Paul Burkhard, compositor da canción.[5]
Foi interpretada en décimo lugar, seguindo a Austria con Liane Augustin interpretando «Die ganze Welt braucht Liebe». Ao final das votacións, a canción recibiu 24 puntos, obtendo o segundo posto de 10.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Giorgio". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ "Lys Assia – Louella / Giorgio (Ein Weekend Mit Dir In Ascona Am Lago Maggiore)". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 "Switzerland 1958" [Suíza 1958]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 UER (ed.). "Lys Assia - Switzerland — Hilversum 1958" [Lys Assia - Suíza — Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ "Paul Burkhard". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1958, Paul Burkhard. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 17 de agosto de 2019.
- ↑ UER (ed.). "Final of Hilversum 1958" [Final de Hilversum 1958]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 17 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: «L'enfant que j'étais» Lys Assia |
Suíza no Festival de Eurovisión 1958 |
Sucesor: «Irgendwoher» Christa Williams |