[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Georges Prêtre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorges Prêtre

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1924
Francia Waziers, Francia
Morte4 de xaneiro de 2017 (100 anos)
Francia Navès, Francia
Outros nomesGeorges Dhérain Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeFrancesa
EducaciónConservatorio de París
Regional Conservatoire of Douai (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDirector de orquestra
Período de actividade1946 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresMaurice Duruflé (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosVannina Santoni (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Editar o valor en Wikidata
Participou en
3 de xuño de 2006Athens Epidaurus Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSuzanne Lefort Editar o valor en Wikidata
FillosIsabelle Prêtre Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0699571 BNE: XX1169143 Spotify: 5lfbI21DXOiKTCT3Gb802r Musicbrainz: 33ff592d-0cf8-4d40-895d-993aad15d311 Discogs: 868929 IMSLP: Category:Prêtre,_Georges Allmusic: mn0000496112 Find a Grave: 174886703 Editar o valor en Wikidata

Georges Prêtre, nado en Waziers, Departamento de Norte o 14 de agosto de 1924 e finado en Navès, Mediodía-Pireneos o 4 de xaneiro de 2017[1][2] foi un director de orquestra francés.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou harmonía con Maurice Duruflé e dirección con André Cluytens, entre outros, no Conservatorio de París. Despois de graduarse, dirixiu en varias compañías de ópera menores en Francia (ás veces baixo o nom de plume de Georges Dherain) antes de realizar o seu debut en París na Opéra-Comique con Capriccio de Richard Strauss. O seu debut na Royal Opera House, Covent Garden chegou en 1961, coas súas primeiras aparicións na Metropolitan Opera, Nova York, e o Teatro alla Scala, Milán, a fins dos anos 1960. Traballou con Maria Calas en varias ocasións, e realizou gravacións de Carmen e Tosca con ela, sendo o seu director musical favorito. Por un tempo foi director musical da Ópera de París.

Ademais da ópera, Prêtre foi moi coñecido polas súas interpretacións de música francesa. Estivo especialmente asociado con Francis Poulenc, estreando a súa ópera La voix humaine na Opéra-Comique en 1959, nas súas Sept répons des ténèbres en 1963. En 1999 deu unha serie de concertos en París para celebrar o centenario do nacemento de Poulenc. En 2008, á idade de 83 anos, converteuse no primeiro director francés e o máis lonxevo en dirixir o Concerto de Aninovo da Wiener Philharmoniker, coñecido mundialmente e seguido por millóns de persoas, marca que bateu el mesmo en 2010 ao dirixilo con 85 anos.

Georges Prêtre faleceu o 4 de xaneiro de 2017 aos 92 anos de idade por causas naturais.[2]

Distincións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha listaxe incompleta das súas condecoracións e distincións:

  1. "«Falleció el director de orquesta francés Georges Prêtre a los 92 años»". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2017. Consultado o 05 de xaneiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Mort du grand chef d’orchestre français Georges Prêtre". 4 January 2017. Consultado o 4 January 2017 – vía Le Monde. 
  3. "Georges Prêtre". Consultado o 4 January 2017.