Birdy
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1996 (28 anos) Lymington, Reino Unido (pt) |
Educación | Brockenhurst College (en) Priestlands School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora, pianista, cantante, guitarrista, artista discográfico |
Período de actividade | 2008 - |
Xénero artístico | Música pop, indie folk, indie rock, folk e indie pop |
Influencias | |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Piano e voz |
Selo discográfico | Warner Music Group 14th Floor Records Warner Bros. Records |
Familia | |
Familia | Van den Bogaerde (en) |
Pais | Rupert van den Bogaerde e Sophie Roper-Curzon |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | officialbirdy.com |
|
Jasmine van den Bogaerde, nada o 15 de maio de 1996, tamén coñecida polo seu nome artístico Birdy, é unha artista inglesa. É coñecida por gañar a competión musical Open Mic UK en 2008, con 12 anos. A súa versión da canción "Skinny Love" de Bon Iver realizouse en xaneiro de 2011, a que facilitou estar no top vinte da lista de sinxelos británicos (UK Singles Chart) e nos dalgúns países europeos. O seu álbum debut "Birdy" saíu á luz o 7 de novembro de 2011.
Vida e carreira profesional
[editar | editar a fonte]1996–2008: Infancia e carreira profesional
[editar | editar a fonte]Birdy naceu o 15 de maio de 1996 en Lymington, Inglaterra. Súa nai é unha pianista. Birdy aprendeu a tocar o piano cando tiña catro anos e comezou a compor a súa propia música aos sete anos de idade.[1] Actualmente estuda na Priestlands School en Lymington, unha pequena escola pública especializada en artes escénicas e visuais. O seu tío avó foi o actor Sir Dirk Bogarde.[2]
En 2008, á idade de 12, Birdy gañou o concurso de talentos británico Open Mic UK, derivado da competición Live and Unsigned. Gañou tanto na categoría de menores de dezaoito anos como o gran premio, a outros 10.000 concursantes.[3][4] Tocou unha canción de seu na competición "So Be Free" diante de 2000 persoas.[5]
2009–Actualmente: Ascenso á fama, contrato discográfico e Birdy
[editar | editar a fonte]Despois do concurso, recibiu unha oferta para firmar un contrato discográfico coa Good Soldier Songs Ltd, dirixida por Christian Tattersfield, presidente da Warner Bros. Music UK[5] e a discográfica 14th Floor Records. Tattersfield xa firmara con anterioridade un contrato con outros cantantes/compositores como, por exemplo, David Gray.[6] En 2009, Birdy deu unha actuación ao vivo co piano para o programa radiofónico Pianothonda BBC Radio 3's en Londres.[7]
En 2011, con 14 anos, Birdy fixo un cover da canción "Skinny Love" de Bon Iver .[8] A canción converteuse no seu primeiro éxito nas listas británicas, obtendo o número 17. O single foi a "Canción da semana"[9] polo DJ de radio británico Fearne Cotton,[5] , o que tivo como resultado que fora engadido a lista de reprodución da BBC Radio 1[10] despois de ser lanzado no mes de marzo de 2011.[11] O videoclip oficial para a canción foi dirixido por Sophie Muller.[12] Ademais,, a canción apareceu no episodio de Crónicas vampíricas "O sol tamén se ergue", emitido o 5 de maio de 2011. Desde aquela, Birdy fixo diferentes covers como o da canción "The A Team" de Ed Sheeran ou a da canción "Shelter" de The XX', que tamén apareceu no episodio "A fin do romance" de Crónicas vampíricas, emitido o 29 de setembro. "Skinny Love" chegou ao número number 2 nos Países Baixos, e ao un no Top 30 de iTunes.
O 19 de xullo de 2011, Birdy actuou na Live Lounge da BBC Radio 1 .[13] Nesta sesión, tocou a cover do tema "Shelter" de The XX e a do "The A Team" de Ed Sheeran. O seu álbum homónimo publicouse o 7 de novembro de 2011; o álbum chegou ao número trece no Reino Unido, ao corenta na Irlanda e ao top 10 na Bélxica e nos Países Baixos.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Nome do álbum | Detalles | Posicións | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
ENG | BEL (VL) [14] |
BEL [15] |
IRE | NL [16] |
SCO [17] | ||
Birdy |
|
13 | 6 | 22 | 40 | 2 | 18 |
Singles
[editar | editar a fonte]Ano | Single | Posicións | Álbum | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
ENG [19] |
BEL [14] |
BEL [15] |
IRE [20] |
NL [16] |
SCO [21] | ||||||||
2011 | "Skinny Love" | 17 | 3 | 6 | 40 | 1 | 17 | Birdy | |||||
"Shelter" | 50 | — | — | — | — | — | |||||||
"People Help the People" | 33 | — | — | — | — | 32 | |||||||
2012 | "I'll Never Forget You" | — | — | — | — | — | — | ||||||
"—" denota que a canción non se publicou nese país ou que non obtivo ningunha posición. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A new teen star is about to go top 10". Vodafone big top 40 (Global Radio). February 6, 2011. Consultado o 2011-04-15.
- ↑ BBC news article, Dec 2008.
- ↑ Hewitt, Phil (November 29, 2009). "Review: Open Mic UK national grand final, Guildhall, Portsmouth". Chichester Observer. Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2012. Consultado o 2011-02-17.
- ↑ [1][Ligazón morta]
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "New Forest Fairs news page". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ BBC.co.uk news article
- ↑ BBC 3 Classical Music
- ↑ "Titanium Music Blog article". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2012. Consultado o 14 de setembro de 2012.
- ↑ "River Studios News, 2011". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ Radio 1 playlist shows 14th Floor as Birdy's record label
- ↑ Music Week news article
- ↑ "Digital Spy news article about 'Skinny Love' music video". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ Archived Live Lounge recording
- ↑ 14,0 14,1 "Discografie Birdy". ultratop.be (en Dutch). Hung Medien. Consultado o October 17, 2011.
- ↑ 15,0 15,1 "Discografie Birdy". ultratop.be (en French). Hung Medien. Consultado o October 17, 2011.
- ↑ 16,0 16,1 "Dutch Charts > Rumer". dutchcharts.nl/.
- ↑ Peak positions for albums on the Scottish Albums Chart:
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2011.
- ↑ "Chart Stats - Birdy". chartstats.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2012. Consultado o 26 May 2011.
- ↑ "Irish Charts > Birdy". irish-charts.com/. Hung Medien. Consultado o October 17, 2011.
- ↑
Scottish Peak Positions:
- For Skinny Love: "Chart Archive > Scottish Singles > 14 May 2011". Official Charts Company.
- For People Help The People: "Chart Archive > Scottish Singles > 12 November 2011". Official Charts Company.