[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Indie pop

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Indie pop
Orixe musicalpost-punk, indie rock, power pop, grupos de rapazas dos 60
Orixe culturalcomezos dos 80 no Reino Unido
Instrumentos típicosvoz, guitarra, baixo, batería

O indie pop é un xénero do rock alternativo orixinado no Reino Unido a mediados dos anos 80. Ten as súas raíces nas bandas de post-punk escocesas do selo Postcard Records de principios dos 80 (Josef K e Orange Juice) e na banda británica The Smiths. O indie pop inspirouse na ética DIY do punk e en ideoloxías relacionadas. O indie pop diferenciase do indie rock en que é máis melódico e menos abrasivo.

O termo "indie" ten sido usado por un tempo para describir a artistas de selos independentes (e aos propios selos), pero o momento clave para o bautizo do "indie pop" como xénero foi a edición coa cinta da revista NME C86, no ano 1986. O recompilatorio contaba con temas, entre outros artistas, de Primal Scream, The Pastels e The Wedding Present, e "indie" converteuse rapidamente no termo para designar a un xénero identificado polas súas guitarras chirriantes, o amor ao pop dos anos 60, e estruturas de cancións do power pop melódico.

De mediados a finais dos 80 o indie pop foi criticado pola súa asociación co chamado "shambling", e foi menospreciado, pero a escena indie pop da época é na actualidade recoñecida como crucial para a música independente do Reino Unido. O indie pop segue tendo un bo número de seguidores en todo o mundo, con novas bandas, novos selos e locais que se adican ao xénero.