[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bion 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bion 2 / Kosmos 690
TipoBiolóxico
Data de lanzamento22 de outubro de 1974, 18:00 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4]
Duración da misión20,5 días[5]
Obxectivo da misiónExperimentación biolóxica.[2][3][4]
Regreso12 de novembro de 1974[1][5]
NSSDC ID1974-080A
Masa5500 kg[2][4][5]

Bion 2, tamén coñecido como Kosmos 690, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 22 de outubro de 1974 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Bion 2 foi o segundo satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 223 km de perixeo, 389 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.[3][5]

A carga de Bion 2 consistiu en ratas albinas de laboratorio que foron sometidas a radiación e a investigación foi unha colaboración internacional entre científicos soviéticos, checos e romanos.[2]

A cápsula regresou o 12 de novembro de 1974.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 690" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (20 de abril de 2012). "Bion 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 1 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 United Nations. Office for Outer Space Affairs (16 de decembro de 1974). "Letter dated 10 December 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space". A/AC.105/INF.304 (74-36144): 2. Consultado o 11 de marzo de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "Bion" (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2011). "Bion" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2002. Consultado o 1 de maio de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kozlov, D I (1996). Mashnostroenie, ed. Konstruirovanie avtomaticheskikh kosmicheskikh apparatov. Moscú. ISBN. 
  • Melnik, T G (1997). Nauka, ed. Voenno-Kosmicheskiy Sili. Moscú. ISBN. 
  • "Bion' nuzhen lyudyam". Novosti Kosmonavtiki (6): 35. 1996. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]