Berardius
Berardius | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Comparación do tamaño do zifio de Arnoux cun humano | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
CC sen datos suficientes | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
Berardius é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos zifíidos que inclúe os zifios de maior tamaño.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O xénero Berardius foi establecido polo médico e zoólogo francés Louis Georges Duvernoy,[4] quen lle puxo este nome na honra do mariño Auguste Bérard, capitán da corveta Le Rhin, que lle enviara a Duvernoy, desde Nova Zelandia, o primeiro cranio descrito.
Descrición
[editar | editar a fonte]Teñen un bico particularmente longo e prominente en relación cos outros zifios. A mandíbula inferior é máis longa que a superior e os dentes dianteiros son visíbei mesmo coa boca pechada. O corpo é esvelto, coa sección máxima só dun 50 % da lonxitude total. A fronte é empenada, debido á presenza do melón na cabeza. A coloración é uniforme, pero podo variar segundo os individuos desde a gris clara á negra. As aletas pectorais son pequenas e arredondadas e están situadas cara á parte dianteira do corpo. A aleta dorsal, así mesmo pequena e arrondada, sitúase ao comezo do último terzo do corpo. Levan en toda a superficie do corpo numerosas cicatrices brancas que poden ser un bo indicador da idade do animal. O dimorfismo sexual é escaso.
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende tan só dúas especies:
- Berardius arnouxii Duvernoy, 1851 - zifio de Arnoux
- Berardius bairdii Stejneger, 1883 - zifio de Baird
As dúas especies son tan parecidas que algúns científicos consideraron a súa separación como unha anomalía histórica. Serían indistinguíbeis no mar se as súas áreas de distribución non foran completamente diferentes.[5]
Áreas de distribución
[editar | editar a fonte]-
Mapa de distribución do zifio de Arnoux
-
Mapa de distribución do zifio de Baird
Dúas especies
[editar | editar a fonte]Pero a falta de diferenzas morfolóxicas coñecidas pode ser simplemente debido ao escaso número de espécimes examinados (especialmente do zifio de Arnoux), e análises de datos da secuencia dos intróns mitocondrial e nuclear revelaron diferenzas xenéticas, confirmando que estas especies son entidades taxonómicas reprodutivamente illadas e válidas.[6][7]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Para a IUCN, o estado de conservación de ambas as especies é sen datos suficientes (CC).[7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berardius Duvernoy, 1851 en ITIS.
- ↑ Berardius arnuxii Duvernoy, 1851 en ITIS.
- ↑ Berardius bairdii Stejneger, 1883 en ITIS.
- ↑ Duvernoy, L. G. (1851) en Ann. Sci. Nat. Zool. (Paris), ser. 3, 15: 52, fig. 1.
- ↑ McCann, C. (1975): "A study of the genus Berardius Dubernoy". Sci. Rep. Whales Res. Inst. 27: 111-137.
- ↑ Dalebout, M. L. (2002): Species identity, genetic diversity, and molecular systematic relationships among the Ziphiidae (beaked whales). Thesis, University of Auckland.
- ↑ 7,0 7,1 Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (asesores) (2008): Berardius arnouxii na Lista vermella de especies ameazadas da IUCN.
- ↑ Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (asesores) (2008): Berardius bairdii Lista vermella de especies ameazadas da IUCN.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Berardius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Berardius |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.