[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Bellis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bellis (chamadas comunmente margaridas[1]) é un xénero de 10 especies e unha parella de sub-especies aceptadas, das case 125 descritas, de plantas herbáceas da familia das asteráceas, a máis coñecida das cales é a margarida común ou europea, Bellis perennis.[2][3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Caracterízanse por formar rosetas basais de follas ovais ou espatuladas sobre rizomas rastreiros; deles agroman un ou máis talis florais, no cales se produce unha inflorescencia terminal, a miúdo de forma discoidal. Adoitan ser heliotrópicas, fechándose a flor pola noitiña e tornando a se abrid de mañá cedo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Son oriundas do centro e oeste de Europa, onde medran bravas. A especie máis estendida é B. perennis, que acada a península Escandinava, e colonizou América do Norte seguindo aos emigrantes europeos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 887 en 1753 [1].[4]

Táxones aceptados

[editar | editar a fonte]
  1. Nome vulgar para as especies do xénero en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Cómpre ter en conta que margarida é un termo moi xenérico, dado a múltiples plantas
  2. Bellis en PlantList
  3. Bellis en Global Compositae
  4. "Bellis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]