[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Beijing Capital Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beijing Capital Airlines
IATA
JD
OACI
CBJ
Indicativo
CAPITAL JET
Fundación1995 (como Deer Jet Airlines)
Frota75
Destinos66
HoldingHainan Airlines (70%)
Páxina web: http://www.jdair.net/

Beijing Capital Airlines (chinés: 首都航空; pinyin: Shǒudū Hángkōng), é unha aeroliña chinesa comercializada baixo o nome de Capital Airlines que opera como subsidiaria de Hainan Airlines.

A compañía creouse en 1995 como Deer Jet Airlines (chinés: 金鹿航空; pinyin: Jīnlù Hángkōng). No ano 1998 comezou a ofrecer servizos internacionais baixo a marca the Deer Air. En outubro de 2007 recibiu o seu primeiro Airbus A319 e comezou a desfacese os Boeing 737 cos que operara ata a data. Deer Jet comezou a proporcionar servizos chárter en decembro de 2008 usando unha frota de A319 e reactores corporativos. A Administración de Aviación Civil Chinesa autorizou á aeroliña a operar servizos regulares en 2009.

O 2 de abril de 2010 Beijing Capital Airlines CO., LTD. lanzou o seu primeiro servizo, baseado no aeroporto internacional de Pequín-Capital. Deer Jet Airlines dividiuse en dúas compañías o 4 de maio dese ano. Mentres que as operacións chárter mantivéronse coa marca Deer Jet, as operacións regulares usando avións Airbus pasaron a chamarse Capital Airlines.[1][2]

Un Boeing 737-300 de Deer Air no aeroporto de Cantón-Baiyun

En marzo de 2018 a frota de Beijing Capital Airlines estaba formada polos seguintes avións:[3]

Frota de Beijing Capital Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A319-100 20 138 138
Airbus A320-200 33 8 144 152
Airbus A320neo 7
Airbus A321-200 14 1 20 196 216
Airbus A330-200 6 1 36 186 222
Airbus A330-300 2 2 18 288 306
Airbus A350-900 2 33 301 334 Serán entregados a comezos de 2018.
Orixinalmente pedidos por Azul Linhas Aéreas Brasileiras.
Total 75 13
  1. China Daily (ed.). "Deer Air to be renamed Capital Airlines". Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. People's Daily Online (ed.). "Beijing Capital Airlines formally launched". Archived from the original on 07 de xaneiro de 2011. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  3. Planespotters (ed.). "Capital Airlines Fleet Details and History". Consultado o 15 de marzo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]