Balneoterapia
A balneoterapia,[1][2] ou balneación,[3] (do latín balneum, "baño", e terapia) é un conxunto de terapias ou tratamentos destinados a curar enfermidades ou a conservar a saúde que habitualmente se realizan en balnearios. Aínda que se considera distinta da hidroterapia (practicada normalmente en spas), hai varias coincidencias na súa práctica e nos seus fundamentos.
Formas de uso
[editar | editar a fonte]A balneoterapia pódese realizar mediante inmersións en auga quente ou fría, masaxes con auga en movemento, relaxación ou estimulación. As augas minerais dos balnearios adoitan seren ricas en certos minerais (sulfatos, cloruros, carbonatos, nitratos, etc. de calcio, ferro, sodio, potasio, etc.) que se poden absorber a través da pel.
Empréganse tamén a miúdo arxilas medicinais, cuxa práctica recibe o nome específico de fangoterapia, mentres que a balneoterapia que fai uso exclusivo de augas minerais recibe o nome específico de crenoterapia.
Entre as enfermidades para ás que está destinada a balneoterapia encóntranse a artrite, as dermatites e outras enfermidades da pel e a fibromialxia.
Historia
[editar | editar a fonte]A balneoterapia é unha técnica que xa se utilizaba na antigüidade clásica por gregos e romanos (que construíron numerosas termas en todo o imperio). Hipócrates, Platón, Galeno e Celso xa se referían ao baño para fins terapéuticas.
De forma semellante a como se coñece hoxe iniciouse no século XVIII, pero non foi até o século XIX, no que os alemáns Max Joseph Oertel (1835-1897) médico, e Sebastian Kneipp (1821-1897) sacerdote católico e defensor do naturismo, cando tivo o seu maior auxe. Isto debeuse ás deficiencias farmacomedicinais do momento, polo que case todas as enfermidades sen tratamento específico se trataban cunha cura termal.[4] O padre Kneipp foi o fundador e director das termas de Bad Wörishofen (Baviera), e deseñou a chamada terapia de Kneipp, un conxunto de indicaións terapéuticas.[5]
Balneoterapia ou balneación interna
[editar | editar a fonte]Denomínase así a un baño interno, consistente na inxestión de grandes cantidades de líquido ou mediante a administración de enemas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para balneoterapia.
- ↑ balneoterapia no Dicionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia/Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002, ISBN 84-453-3371-2.
- ↑ 3,0 3,1 balneación no Dicionario galego de termos médicos.
- ↑ "Revista de medicina estetica". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2018.
- ↑ Federspiel, Krista & Vera Herbst (1991): Die andere Medizin. Berlin / Stuttgart: Stiftung Warentest Verlag. ISBN 978-3-9242-8660-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Araujo, André R. T. S.; Márcio Rodrigues; Maximiano P. Ribeiro & Paula Coutinho (2017): "Thermal Cosmetics as Therapeutic Adjuvant for Dermatological Disorders". Global Journal of Pharmacy & Pharmaceutical Sciences 3 (5): 1-2.
- Matz, H.; Orion, E. & Wolf R. (2003): "Balneotherapy in dermatology". En Dermatologic therapy 16 (2): 132-140. (Resume).
- Peroni, A.; Gisondo, P.; Zanoni, M. & Girolomoni, G. (2000): "Balneotherapy for chronic plaque psoriasis at Comano spa in Trentino, Italy". Dermatologic Therapy 21: S31–S38.
- Verhagen, A. P.; Bierma-Zeinstra, S. M.; Boers, M.; Cardoso. J. R.; Lambeck, J.; de Bie, R. A. & de Vet, H. C. (2003): "Balneotherapy in dermatology". En Dermatologic therapy 16 (2): 132-140. (Resume).