Boselafinos
Boselafinos Boselaphini Rango fósil: mioceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabeza de nilgó macho
| |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
A dos boselafinos (Boselaphini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos, que responde á máis antiga radiación dos bovinos actuais.[1]
Esta tribo comprende actualmente tan só dous xéneros con cadansúa especie de antílopes orixinarios do subcontinente Indio.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os boselafinos actuais son os últimos superviventes dunha forma moi similar á dos antepasados de toda a subfamilia dos bovinos. Os fósiles máis antigos da tribo, como Eotragus, datan do mioceno, hai uns 16 ou 18 millóns de anos. Estes fósiles posuían cornos moi similares aos dos machos pertencentes ás dúas especies actuais, aínda que nalgúns casos tamén estaban presentes nas femias.[2]
Ambas as especies existentes teñen características anatómicas e condutuais relativamente primitivas, e as femias teñen cornos. Habitan nos bosques da India, dada vez máis escasos, e tenden a evitar as chairas abertas.
O nilgó introduciuse no sur de Texas, Estados Unidos, onde unha poboación de algo menos de 15.000 animais proporciona un seguro para a súa supervivencia a longo prazo.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi establecida en 1907 polo zoólogo alemán Theodor Christian Bernhard Knottnerus-Meyer,[4][5] na súa obra Über das Tränenbein der Huftiere: vergleichend-anatomischer Beitrag zur Systematik der rezenten Ungulata.[6]
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade, a tribo dos boselafinos inclúe tan só dous xéneros con cadansúa especie:[7]
Tribo Boselaphini
- Xénero Boselaphus
- Boselaphus tragocamelus - nilgó
- Xénero Tetracerus
- Tetracerus quadricornis - antílope de catro cornos.[8]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Nilgó macho
-
Nilgó femia
con dous becerros -
Antílope de catro cornos macho
-
Antílope e catro cornos femia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jonathan D. Margot (2007): "Molecular phylogeny of terrestrial artiodactyls. En: Donald R. Prothero & Scott E. Foss (eds.) The Evolution of Artiodactyls. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins Universisy Press. ISBN 978-0-8018-8735-2.
- ↑ Kostopoulos, D. S. (2005): "The Bovidae (Mammalia, Artiodactyla) from the late Miocene of Akkaşdaği, Turkey". Geodiversitas 27 (4): 747–791.
- ↑ Mallon, D. P. (2008): Bosephalus tragocamelus na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2. Consultada o 08-10-2014.
- ↑ "Tribe Boselaphini Knottnerus-Meyer 1907". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 12 de outubro de 2014.
- ↑ Colin Groves & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 1-4214-0093-6. [1]
- ↑ Knottnerus-Meyer, R. (1907):Über das Tränenbein der Huftiere: vergleichend-anatomischer Beitrag zur Systematik der rezenten Ungulata.
- ↑ Bovinae en Wilson & Reeder (2005): Mammals Species of the World.
- ↑ Leslie, D.M. & Sharma K. (2009). "Tetracerus quadricornis (Artiodactyla: Bovidae)". Mammalian Species 843: 1–11. doi:10.1644/843.1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boselafinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colin Groves & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 1-4214-0093-6.
- Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, EE.UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tribe Boselaphini Knottnerus-Meyer 1907 Arquivado 17 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)