Boteiro
O boteiro é un personaxe do folclore de Galiza vinculado ás festas de entrudio[1] da comarca vianesa; está presente nos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña[2]. Agora ben, segundo a zona de procedencia, a súa vestimenta e comportamentos mudan[3].
Características
[editar | editar a fonte]A diferenza máis evidente entre os boteiros de Vilariño de Conso e os de Viana do Bolo está na careta.
A máscara de Vilariño está feita con pel de cabra ou de cartón, de cor rosa, e leva barba e bigote; en cambio, a vianesa é tallada en madeira de bidueiro e de cor negra[4]. A pantalla da de Vilariño adoita ser cadrada e de cartón, mentres que a de Viana está feita sobre un armazón de ferro recuberto por papel de seda de cores.
O traxe está composto por[5][6]:
- Unha camiseta de cores feita con fitas cosidas pregadas en acordeón
- Camisa branca e gravata
- Luvas
- Un pantalón con flocos nos laterais
- Un cinto con esquilas
- As legues, polainas de coiro, negras
- Unhas botas negras
- A monca, un pau coroado por un rabo de raposo ou por unha borla, que o boteiro emprega a modo de pértega para dar saltos.
Funcións
[editar | editar a fonte]O boteiro é o líder da comitiva de entrudio coñecida como fulión. As súas funcións, a maiores de dar botes e carreiras como forma de animación, son:
- Pedir permiso na entrada das aldeas visitadas.
- Abrir paso entre a multitude ó fulión[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Álvarez Pousa, Concepción (2023). A lingua de Viana do Bolo: descrición e textos. Universidade de Vigo. Servizo de Publicacións. p. 164. ISBN 978-84-8158-948-1.
A celebración que ten lugar antes da Coresma, consistente en desfile de folións, comparsas e foliadas, recibe o nome das formas tradicionais de Entrudio e Intrudio, que se substitúen habitualmente na xente nova por Carnaval como solución maioritaria fronte a Entroido do galego común.
- ↑ González Fernández, Óscar J. (2014). Mascaradas de la península Ibérica. Autoedición.
- ↑ Basalo Bembibre, Pedro (2019). "Chama-las cousas polo nome". Entroido en Galicia. Onde ir, que ver (monográfico do periódico O Sil): 44–45.
- ↑ As caras do entroido ourensán, ed. Deputación de Ourense, p. 232
- ↑ As caras do entroido ourensán, ed. Deputación de Ourense, p. 223
- ↑ Informativos Telemiño (21 de febreiro de 2020). Entroido 2020. Os Boteiros De Viana do Bolo (Telemiño).
- ↑ Informativos Telemiño (20 de febreiro de 2023). Entroido. Antroido. Entrudio. O Boteiro, Vilariño de Conso.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O Entroido de Vilariño de Conso
- Entrudio de Viana do Bolo (web oficial do concello de Viana do Bolo)
- Historia recente do boteiro de Viana do Bolo