[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Augusta Jawara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAugusta Jawara
Biografía
Nacementomaio de 1924 Editar o valor en Wikidata
Banjul, Gambia Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira, política, escritora Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPeople's Progressive Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsLouise N’Jie Editar o valor en Wikidata

Hannah Augusta Darling Jawara, nada co apelido Mahoney en Banjul en maio de 1924 e finada en Londres o 21 de xaneiro de 1981, foi unha activista dos dereitos da muller, autora de obras de teatro e enfermeira gambiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia cristiá e crioula do pobo aku. Foi filla de John Mahoney, primeiro portavoz da Asemblea Nacional de Gambia, e da súa muller Hannah. Foi irmá de Louise N'Jie.

Estudou no Instituto Mohammedan, onde coñeceu o seu futuro marido e presidente Dawda Jawara[1]. Estudou enfermaría en Edimburgo, Escocia.[2] En febreiro de 1955 casou con Jawara.[3] A súa primeira crianza naceu en Edinburgo, onde o seu home regresara a estudar.[2]

En 1960 converteuse na primeira muller en Gambia en ser candidata nunhas eleccións lexislativas á Asemblea Nacional de Gambia[4], representando o partido do seu home, o Partido Progresista Popular. En 1962 formou a Women's Contemporary Society.[5] En 1967 ela e a súa parella divorciáronse, e ela converteuse ao islam.

A súa obra The African King foi representada no Negro Arts Festival en Dakar en 1966.[6] En 1968 publicou Rebellion, "quizais o primeiro libro infantil proclamadamente feminista e para nenas na tradición e historia literaria de Gambia".[6][6] Publicado baixo pseudónimo, Rebellion a obra de teatro fala de Nyasta, unha adolescente nunha vila rural que loita por proseguir coa súa educación en vez de sufrir un matrimonio concertado.[7] Cando se publicou, era presidenta da Federación de Mulleres de Gambia,[6], que axudou a constituír a partir de asociacións de mulleres da área metropolitana de Banxul.[8]

  • The African King (1966)
  • Rebellion (1968)
  • "The Gambia Women's Federation", en Women Today, Vol. 6, No. 4 (1965), pp. 79–81.
  1. Saikou Jammeh (21 de xaneiro de 2011). "A Hand of Destiny". The Daily News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 "Scots in Gambia". The Glasgow Herald. 11 de febreiro de 1965. p. 8. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  3. Hughes, Arnold; Perfect, David (2008). Historical Dictionary of The Gambia. Scarecrow Press. p. 113. ISBN 978-0-8108-5825-1. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  4. Perfect, Hughes (2008). Historical Dictionary of The Gambia. p. 244. Consultado o 20 de novembro de 2012. 
  5. "Jawara, Augusta D. (1924 - 1981)". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Abdoulaye Saine (2012). Culture and Customs of Gambia. ABC-CLIO. p. 75. ISBN 978-0-313-35910-1. Consultado o 20 de novembro de 2012. 
  7. King, Rosamond S. (2007). "Gambian Women's Voices". SABLE Litmag of New Writing. 
  8. Isatou Njie-Saidy, Keynote Address Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., 8 de marzo de 2001.