[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

As aventuras de Pinocchio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As aventuras de Pinocchio
Debuxo de Pinocho, o monicreque.
Título orixinalLe avventure di Pinocchio
Autor/aCarlo Collodi
Ilustrador/aEnrico Mazzanti
OrixeItalia
LinguaItaliano
Xénero(s)Narrativa, Novela fantástica
EditorialLibreria Editrice Felice Paggi de Florencia (orixinal en italiano); Xerais e Kalandraka e outras (galego)
Data de pub.1883 (1988 en galego)
TraduciónAntón Santamarina, Pilar Martínez
Na rede
BNE: XX3383716
editar datos en Wikidata ]

As aventuras de Pinocchio[1] (tamén coma As aventuras de Pinocho[2]) (Le avventure di Pinocchio no italiano orixinal) é unha novela de Carlo Collodi.

Traduciuse a máis de 260 linguas e dialectos, editado unhas 187 veces, téñense feito filmes, series de televisión, series de debuxos animados e representacións teatrais. É a terza obra máis traducida, só por detrás da Biblia e de The Pilgrim's Progress.[Cómpre referencia]

En 1881 Carlo Collodi crea Le avventure di Pinocchio. Orixinariamente, As aventuras do Pinocchio aparecen cada semana, ao estilo dun folleto, nun diario infantil chamado Giornale dei Bambini, dirixido por Ferdinando Martini. Pinocchio era o protagonista do folleto Historia d'un Burattino, (Historia dun xoguete). Os folletos nos xornais era un xeito moi popular na época de publicar historias por capítulos e así espertar o interese do público. A primeira entrega foi publicada o 7 de xullo de 1881. As aventuras do monicreque de madeira Pinocho tivo un éxito fulminante e tal foi a súa popularidade, que en 1883 foi publicado pola editorial Felipe Piaggi un volume que recollía todas as histories publicadas no Giornale dei Bambini. O libro fixo furor e Collodi publicou xa un segundo libro sobre Pinocho chamado Pinocchio no país dos xoguetes.

Collodi gozou pouco do seu éxito literario xa que logo finou en Florencia no ano 1890. As súas cartas e documentos persoais foron cedidos pola súa familia á Biblioteca Nacional, en Florencia.

Disque cando se publicou o primeiro volume en 1883, Felipe Piaggi, o editor, recibiu unha morea de cartas de admiradores afervoados do Pinocchio que esixiron que o monifate non morrese. E é que orixinariamente, Pinocho morría polo seu pouco siso. Piaggi chegou a recibir tantas ameazas contra a súa persoa que lle pide a Collodi de cambiar o final de Pinocchio e de escribir un outro volume, como así fixo o escritor.

Adaptacións cinematográficas

[editar | editar a fonte]
Fotograma do filme perdido de 1936 Le avventure di Pinocchio.

Pinocchio tivo diversas adaptacións no cinema, sendo a máis soada o filme de animación realizado pola Disney en 1940. Antes, porén, xa se realizara unha outra adaptación, o filme italiano de 1936 Le avventure di Pinocchio, que non se finalizou xamais e que é considerado un filme perdido do que só fican uns cantos fotogramas.

  1. Título empregado por Antón Santamarina para Xerais en 1988
  2. Título en galego empregado entre outros pola editorial Kalandraka - AS AVENTURAS DE PINOCHO, Carlo Collodi (texto), Roberto Innocenti (ilustración), Pilar Martínez (tradución); 200 Páx. 22 x 29 cm. ISBN 978-84-8464-578-8

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]