[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Carlo Collodi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlo Collodi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Carlo Lorenzini Editar o valor en Wikidata
24 de novembro de 1826 Editar o valor en Wikidata
Florencia (Gran Ducado de Toscana) Editar o valor en Wikidata
Morte26 de outubro de 1890 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Florencia (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimitero delle Porte Sante (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, escritor de literatura infantil, novelista, tradutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1856 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoLiteratura infantil Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioCarlo Collodi Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBattle of Curtatone and Montanara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Коллоди Карло)
Obálky knih,
Iedereen Leest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webcarlocollodi.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0172830 Allocine: 85040 Allmovie: p316744 IBDB: 10100
BNE: XX866915 Bitraga: 133 Musicbrainz: 6f31fa98-addc-486b-b666-d08951cbaac5 WikiTree: Lorenzini-31 Find a Grave: 9904286 Editar o valor en Wikidata

Carlo Collodi é o pseudónimo de Carlo Lorenzini, nado o 24 de novembro de 1826 en Florencia e finado na mesma cidade o 26 de outubro de 1890. Foi un escritor italiano. A súa sona provén de ser o autor do relato de literatura infantil As aventuras de Pinocchio (Le avventure di Pinocchio. Storia di un burattino), mundialmente coñecido de xeito abreviado como Pinocchio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedía dunha familia humilde. O seu pai era cociñeiro e a súa nai serventa doméstica. Puido estudar grazas á axuda da familia Gironi Garzoni.

De 1837 até 1842 estivo nun seminario, en Colle di Val d'Elsa, con idea de instruírse e facerse sacerdote. Logo deixouno e recibiu leccións de filosofía. Pasou posteriormente a traballar nunha librería. En 1848, aínda novo, participou na guerra no Piemonte, no Norte de Italia, contra os austro-húngaros

Lorenzini comezou colaborando en xornais humorísticos e xusto logo do regreso da guerra fundou unha modesta revista, Il Lampione.

En 1856 escribiu un artigo no que usou por primeira vez o pseudónimo Collodi, que corresponde a un lugar de Pescia, da que era orixinaria súa nai. Dese mesmo ano datan as primeiras obras significativas que publicou: Gli amici di casa e Un romanzo in vapore. Da Firenze a Livorno. Guida storico-umoristica.

Tres anos máis tarde participou na nova loita polo Risorgimento ou da independencia italiana en 1859. Fíxose xornalista xa en maio de 1860. Escribiu algunhas novelas e pezas teatrais, que non tiveron grande éxito.

A partir de 1875 Carlo Collodi comezou a escribir literatura infantil, adaptando os Contos de Charles Perrault, e outros autores, en italiano.

Premido por débedas de xogo, principiou a escribir Pinocchio en 1881, que foi aparecendo como folletín no Giornale per i bambini até 1883. O relato abriulle as portas do éxito, mais Collodi non volvería a atopar xamais unha inspiración similar para obras posteriores. En 1877 publicou Giannettino, e, en 1878, Minuzzolo. En 1883 publicou "Pinocchio" como libro, e no mesmo ano pasou a ser o director do Giornale per i bambini. Carlo Collodi faleceu repentinamente; foi sepultado no cemiterio de San Miniato al Monte de Florencia.

Un dos seus sobriños, Paolo Lorenzini, tamén escritor, lograría unha certa celebridade, especialmente nos Estados Unidos, mercé a fama do tío, adoptando o pseudónimo de Collodi Nipote.