[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Arvo Pärt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArvo Pärt

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1935 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Paide, Estonia Editar o valor en Wikidata
EducaciónEstonian Academy of Music and Theatre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor de música clásica, músico, compositor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoSinfonía, Música clásica contemporánea, Música minimalista e música relixiosa Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoECM (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeNora Pärt Editar o valor en Wikidata
FillosMichael Pärt Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webarvopart.ee Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0701736 Allocine: 65405 Allmovie: p105704
BNE: XX1626388 Spotify: 2P6ygesd9xg5DPOBnda2jg iTunes: 2601882 Last fm: Arvo+Pärt Musicbrainz: ae0b2424-d4c5-4c54-82ac-fe3be5453270 Songkick: 147748 Discogs: 216141 IMSLP: Category:Pärt,_Arvo Allmusic: mn0000929776 Editar o valor en Wikidata

Arvo Pärt, nado en Paide (Estonia) o 11 de setembro de 1935, é un compositor estoniano. Dende finais da década de 1970, Pärt traballou seguindo un estilo minimalista que emprega a técnica compositiva inventada por el, o tintinnabuli. A súa música está inspirada en parte no canto gregoriano. Pärt foi o compositor vivo máis interpretado no mundo oito anos consecutivos, entre o 2012 e o 2019, así como no 2022.[1][2] Entre as súas principais obras, destacan Fratres (1977), Spiegel im Spiegel (1978) e Für Alina (1976).

No 2010, inaugurouse o Centro Arvo Pärt en Laulasmaa, nunha residencia privada. Na actualidade, a entidade sitúase nun edificio propio construído na mesma localidade.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

Pärt naceu en Paide, no condado de Järva (Estonia). Foi criado pola súa nai e o seu padrasto en Rakvere, no norte do país.[4] Xa de neno, comezou a experimentar coas notas do piano da familia.[5]

Porén, a súa educación formal en música non empezaría até os sete anos, cando se matriculou no conservatorio local. Durante a adolescencia, compuxo xa as súas primeiras pezas. No 1954, ingresou no Conservatorio de Talín, que tivo que abandonar ao ano seguinte para facer o servizo militar. Pärt tocou o óboe na banda do exército.[6] Posteriormente, regresou á capital para estudar composición con Heino Eller (1887-1970). Na década dos 50, rematou a súa primeira composición vocal, a cantata Meie aed ("O noso xardín"), para coro infantil e orquestra. Graduouse do conservatorio no 1963.[7]

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

Durante a súa época de estudante, Pärt compuxo música para cinema e teatro. Entre o 1957 e o 1967, traballou como produtor de son para a emisora estatal de radio estoniana, Eesti Rahvusringhääling. No 1962, foi criticado duramente por Tikhon Khrennikov (1913-2007) polo seu emprego do serialismo en Nekrolog (1960), a primeira peza dodecafónica de Estonia, xa que amosaba "a súa susceptibilidade ás influencias estranxeiras".[8] Porén, nove meses máis tarde Pärt recibiu o primeiro premio nun concurso organizado pola Sociedade Sindical de Compositores.[9]

A súa primeira obra sacra, Credo (1968), supuxo un antes e un despois na súa carreira. A nivel persoal, implicou unha crise creativa que o conduciu a renunciar ás técnicas empregadas por el até entón; dende o punto de vista social, a natureza relixiosa da peza resultou na súa censura extraoficial, polo que a súa música desapareceu dos auditorios. Durante os seguintes oito anos compuxo moi pouco, centrando a súa atención no estudo da música medieval e renacentista, co obxecto de atopar unha nova lenguaxe musical. No 1972, converteuse ao luteranismo, abandonando o cristianismo ortodoxo.[10][11] Pärt regresou á composición no 1976, fornecido cun novo estilo de composición, o tintinnabuli.[10]

En decembro do 2011, o papa Bieito XVI nomeouno membro do Consello Pontificio da Cultura.[12] No 2014, The Daily Telegraph definiuno como "o mellor compositor vivo do mundo" e "a maior exportación cultural de Estonia"; porén, na entrevista o compositor afirmou: "non sei o que significa estoniano...non penso nesas cousas". Pärt nunca se inspirou no poema épico nacional, o Kalevipoeg, xa que, segundo el, "o meu Kalevipoeg é Xesucristo".[8]

Entre as obras coñecidas de Pärt atópanse Cantus in Memoriam Benjamin Britten para orquestra de corda e campaíñas (1977) e o quinteto de corda Fratres I (1977), así como o solo de violín Fratres II (1980) e a peza para violonchelo Fratres III (1980).

Pärt adoita identificarse coa escola minismalista e, en específico, co minimalismo místico ou sacro.[13] Trátase dun dos pioneiros deste xénero, xunto con Henryk Górecki (1933-2010) e John Tavener (1944-2013).[14] Malia que a súa fama inicial proviña das súas pezas instrumentais, como Tabula Rasa (1977) ou Spiegel im Spiegel (1978), as súas composicións corais tamén foron moi prezadas.

Aínda que Estonia era un estado independente canto Pärt naceu, o país foi invadido pola Unión Soviética no 1940, como consecuencia do pacto Molotov-Ribbentrop. Debido a esta situación política, Pärt non recibiu moitas influencias do exterior do bloque socialista, agás por cintas e partituras ilegais.

  1. "Arvo Pärt is the most performed contemporary composer in the world – Arvo Pärt Centre". www.arvopart.ee (en inglés). Consultado o 2024-03-26. 
  2. "On the up: Bachtrack’s Classical Music Statistics 2022". bachtrack.com (en inglés). Consultado o 2024-03-26. 
  3. "About the Centre – Arvo Pärt Centre". www.arvopart.ee (en inglés). Consultado o 2024-03-26. 
  4. "Sounds emanating love – the story of Arvo Pärt". Estonian World (en inglés). 2023-09-11. Consultado o 2024-03-26. 
  5. "Pärt Arvo Biography - Composers - Sinfini Music". web.archive.org. 2013-09-04. Archived from the original on 04 de setembro de 2013. Consultado o 2024-03-26. 
  6. "Arvo Pärt Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-26. 
  7. Hillier, Paul (1997). Arvo Pärt. Oxford Studies of Composers (en inglés). Oxford University Press. 
  8. 8,0 8,1 "Arvo Pärt interview: 'music says what I need to say'". The Telegraph (en inglés). 2014-12-12. Consultado o 2024-03-27. 
  9. Misiunas, Romuald J.; Taagepera, Rein (1983-01-01). The Baltic States, Years of Dependence, 1940-1980 (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-04625-2. 
  10. 10,0 10,1 "Arvo Pärt – Arvo Pärt Centre". www.arvopart.ee (en inglés). Consultado o 2024-03-27. 
  11. Robin, William (18 de maio do 2014). "His Music, Entwined With His Faith". The New York Times (en inglés). 
  12. "Nomina di Membris del Pontificio Consiglio Della Cultura". web.archive.org (en italiano). 7 de novembro do 2012. Archived from the original on 07 de novembro de 2012. Consultado o 2024-03-27. 
  13. Browning, Gary; Halcli, Abigail; Webster, Frank (2000-02-11). Understanding Contemporary Society: Theories of the Present (en inglés). SAGE. ISBN 978-0-7619-5926-7. 
  14. Thomas, Adrian (1997-04-24). Górecki (en inglés). Clarendon Press. ISBN 978-0-19-158471-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]