[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Albert Luque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert Luque

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1978 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Terrasa, España Editar o valor en Wikidata
Director deportivo Real Federación Española de Fútbol
xaneiro de 2023 – maio de 2024 – José Francisco Molina → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e extremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Adestrado porReal Federación Española de Fútbol (2023–) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1991–1996 FC Barcelona
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1996–1997   FC Barcelona C
1997–1999   RCD Mallorca B 62(25)
1999–2000 cesión Málaga Club de Fútbol 23(3)
1999–2002   RCD Mallorca 67(24)
2002–2005   Deportivo da Coruña 101(26)
2005–2007   Newcastle United 21(1)
2007–2009 AFC Ajax 16(4)
2008–2009 cesión Málaga Club de Fútbol 32(8)
2009–2011 Málaga Club de Fútbol 19(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1998–2000   España sub-21 13(3)
2000–2000   España sub-23 2(0)
2002–2005   España 17(2)
2002–2006   Cataluña 3(2)
Participou en
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
2000Xogos Olímpicos de 2000 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 177921 UEFA: 48372 Editar o valor en Wikidata

Albert Luque Martos, nado o 11 de marzo de 1978 en Terrasa, é un futbolista español, que xogaba de dianteiro. Destacou especialmente no Mallorca e no Deportivo da Coruña e pasou tamén polo Málaga, o Newcastle e o Ajax. Disputou 248 partidos na Primeira División española, nos que anotou 61 goles.

Foi 17 veces internacional coa selección española, coa que disputou o Mundial de 2002 e a Eurocopa de 2004. Conseguiu ademais unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 2000.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido no barrio de Can Parellada, no municipio barcelonés de Terrasa, comezou a xogar ao fútbol no club do seu barrio, o CD Can Parellada.[1] Aos 13 anos ingresou na canteira do FC Barcelona, club do que era afeccionado, e foi subindo polas diferentes categorías inferiores ata debutar co Barcelona C na tempada 1996/97.

Mallorca B

[editar | editar a fonte]

En 1997 asinou polo Mallorca B, da Segunda División B. Na súa primeira campaña no filial foi o máximo goleador do equipo, contribuíndo ao ascenso á Segunda División por primeira e única vez na historia do conxunto balear. Na seguinte tempada formou unha prolífica dianteira con Diego Tristán, marcando 15 goles cada un, números que, con todo, foron insuficientes para evitar o descenso do equipo á categoría de bronce.[2]

Esa mesma campaña debutou co primeiro equipo do Mallorca da man de Héctor Cúper, nos cuartos de final da Recopa de Europa ante o NK Varteks, partido no que saltou ao terreo de xogo na segunda metade, como substituto do arxentino Leonardo Biagini.[3] Dúas semanas despois xogou o seu primeiro partido na Primeira División, contra o Villarreal no Madrigal, e esa tempada sumou outros catro partidos máis co conxunto principal do Mallorca, que contaba con destacados dianteiros como Dani ou Paunović, acadando unha a terceira praza da liga, o mellor resultado da historia do club.

Cesión ao Málaga

[editar | editar a fonte]

Ante a competencia na dianteira balear, para a tempada 1999/20 saíu cedido ao Málaga, tamén da máxima categoría. Con todo, no equipo de Joaquín Peiró atopou tamén unha dura competencia co dianteiros como Catanha, Edgar ou Darío Silva, polo que non contou con demasiados minutos (26 partidos e só 8 titularidades), a pesar do cal anotou catro goles.[4]

Regreso ao Mallorca

[editar | editar a fonte]

A continuación, e trala disputa dos Xogos Olímpicos de 2000, volveu ao Mallorca, onde axiña se converteu nun titular indiscutible para o adestrador Luis Aragonés xunto aos dianteiros africanos Finidi e Eto'o. Sumou un total de 10 goles, algúns deles de especial importancia, como o que valeu a vitoria contra o Real Madrid en Son Moix (1-0), e contribuíu a repetir o histórico terceiro posto de dúas campañas atrás.[5]

Na tempada 2001/02 disputou 47 partidos co Mallorca e debutou na Liga de Campións, despois de que un gol seu na prórroga contra o Hajduk Split clasificase o club balear por primeira vez para a máxima competición europea.[6] Foi o máximo goleador do equipo, cun total de 15 dianas, pero pesar das súas boas cifras, o equipo non conseguiu a salvación ata a derradeira xornada contra o Valladolid, no que Luque marcou o gol da vitoria (2-1).[7]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

No verán de 2002 foi traspasado ao Deportivo da Coruña por uns 12 millóns de euros, reencontrándose no ataque con Tristán.[8] Na súa primeira campaña disputou un total de 49 partidos, aínda que na maior parte deles xogou saíndo dende o banco de suplentes, ao ter a competencia de Roy Makaay e o propio Tristán.[8] Con todo, anotou 11 goles, destacando entre eles os que logrou contra o Barcelona ou contra o Celta de Vigo nun derbi, e especialmente o tanto de chilena ante Contreras que significou a vitoria fronte ao Málaga en Riazor (1-0).[9]

Aínda que anteriormente xogaba de dianteiro, os problemas físicos do capitán Fran fixeron que o adestrador Javier Irureta probase a Luque como extremo na banda esquerda, onde acabou por acomodarse.[8] Nas seguintes dúas campañas fíxose coa titularidade e conseguiu boas cifras goleadoras en liga. Ademais tivo destacadas actuacións na Liga de Campións, participando en históricas vitorias fronte a Bayern de Múnic, Juventus ou Manchester United. En febreiro de 2004 un solitario gol seu ante Buffon deulle ao Deportivo a vitoria sobre a Juventus por 1-0.[10] O 7 de abril do mesmo ano pasou definitivamente á historia do Deportivo da Coruña e da Champions co seu partido contra o Milan na volta dos cuartos de final en Riazor. No minuto 34 meteu un centro á área que Valerón rematou a gol e dez minutos despois foi o autor do terceiro dos catro goles cos que o club galego culminou unha histórica remontada e eliminou ao vixente campión despois de perder por 4-1 en San Siro.[11] Foi titular xunto a Pandiani na dianteira deportivista nas semifinais contra o Porto, caendo eliminados por un só gol.[12]

O seu gran rendemento no Deportivo valeulle o seu traspaso ao Newcastle United da Premier League no verán de 2005 por uns 14 millóns de euros.[13] Pechou o seu paso polo Deportivo cun total de 143 partidos e 35 goles.

Newcastle United

[editar | editar a fonte]

Debutou co Newcastle sendo titular nun partido da Premier League ante o Manchester United en St James' Park, formando dianteira xunto ao histórico Alan Shearer, e xogou de inicio tamén no seguinte encontro fronte ao Fulham, pero neste partido caeu lesionado, perdendo os seguintes dous meses de competición. Trala súa recuperación apenas dispuxo de oportunidades coas "pegas", mais, con todo, marcou un gol na parte final da tempada, nun derbi de Tyne-Wear fronte ao máximo rival histórico do Newcastle, o Sunderland.[14]

A súa situación non mellorou na seguinte campaña (2006/07), na que disputou só 106 minutos en liga repartidos en sete encontros. Sumou ademais oito encontros na Copa da UEFA e un na Copa Intertoto (anotando un gol en cadansúa competición), proclamándose campión desta última.[15]

O seu escaso éxito no Newcastle provocou o seu traspaso ao Ajax no verán de 2007. Só contou con nove titularidades na Eredivisie, nas que, con todo, sumou catro goles e dúas asistencias. No club de Ámsterdam compartiu dianteira co uruguaio Luis Suárez, co que tivo unha liorta durante un partido ante o Feyenoord, o que obrigou ao adestrador Adrie Koster a substituír a ambos xogadores no descanso.[16]

Cesión ao Málaga

[editar | editar a fonte]

Tras unha tempada no club neerlandés, no verán de 2008 o director deportivo Danny Blind informouno de que non contaban con el para a vindeira campaña, polo que foi cedido ao Málaga CF, club no que xa xogara oito anos antes. Ás ordes de Antonio Tapia recuperou parte do seu bo xogo e anotou oito goles na campaña, todos na liga de Primeira División. Tralas súas boas actuacións o Málaga decidiuse a adquirir o xogador en propiedade, e despois de dous meses de negociacións co Ajax, conseguiu levar a cabo a fichaxe.[17]

Retirada no Málaga

[editar | editar a fonte]

Con todo, os seus números reducíronse nas seguintes dúas campañas e especialmente na 2010/11, na que disputou só tres partidos ás ordes do portugués Jesualdo Ferreira e ningún trala chegada de Manuel Pellegrini. O 4 de xaneiro de 2011, despois de dous meses sen ser tan sequera convocado polo técnico chileno, o Málaga rescindiu o seu contrato.[18] A súa saída do club malacitano supuxo finalmente tamén a súa retirada como futbolista.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Tras pasar pola selección española sub-21, foi convocado por Iñaki Sáez para os Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney. Participou en dous partidos da fase de grupos, contra Corea do Sur e Chile, e aínda que quedou no banco na fase eliminatoria, o seu equipo acabou obtendo a medalla de prata, despois de perder a final contra Nixeria.[5]

En maio de 2002 foi un dos 23 futbolistas españois elixidos por José Antonio Camacho para disputar a Copa do Mundo, a pesar de que nunca tiña vestido anteriormente a camiseta da selección española absoluta.[19] Deste xeito, a súa estrea internacional produciuse en pleno Mundial de 2002, no terceiro partido da fase de grupos ante Suráfrica, encontro no que saltou ao campo preto do final, como substituto de Morientes.[20] Participou tamén nos oitavos de final contra a selección irlandesa, entrando desta vez como substituto de Raúl.[8]

Tralo Mundial non entrou nas seguintes convocatorias da selección, ata que a súa reconversión ao extremo esquerdo no Deportivo da Coruña fixo que en 2003 volvese ser convocado polo combinado nacional, dirixido agora por Iñaki Sáez.[8] Participou na clasificación para a Eurocopa de 2004 e en varios encontros amigables e finalmente foi convocado para a fase final da Eurocopa. Disputou o derradeiro partido da fase de grupos contra Portugal, substituíndo na segunda parte a Joaquín, sen poder evitar a eliminación española.[21] Xogou na selección ata 2005, contabilizando 17 encontros e 2 goles (que logrou contra Bélxica e Lituania).

Trala retirada

[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada como futbolista obtivo a licenza de adestrador e en 2019 ingresou no gabinete de presidencia de Luis Rubiales na Real Federación Española de Fútbol.[22] En decembro de 2022 foi nomeado director deportivo, substituíndo no cargo ao seu excompañeiro no Deportivo da Coruña José Francisco Molina, tralo fracaso da selección no Mundial de 2022.[23]

En 2023, despois da vitoria da selección española feminina na Copa do Mundo e do polémico bico de Rubiales a Jenni Hermoso, a prensa publicou que Luque tentara convencer á xogadora para que declarase a favor do presidente da Federación.[24] A finais de ano foi citado pola Audiencia Nacional como investigado por coaccións e en marzo de 2024 a Fiscalía pediu un ano e medio de cárcere para el.[25] En maio foi despedido do seu cargo pola nova directiva da RFEF, presidida por Pedro Rocha.[26]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Newcastle United
Selección española sub-23
  1. "Qué fue de Albert Luque: el canterano del Barça que pasó por el Mallorca y es mano derecha de Rubiales" (en castelán). 10 de outubro de 2024. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  2. "El Mallorca B en Segunda, del liderato al descenso" (en castelán). 4 de marzo de 2016. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  3. "Primeros minutos para Luque" (en castelán). 18 de marzo de 1999. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  4. "Luque y la decisión equivocada" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 "Mallorca-Athletic: Un precedente al que agarrarse" (en castelán). 3 de setembro de 2023. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  6. "El Mallorca abre la puerta grande". El País (en castelán). 22 de agosto de 2001. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  7. Ruiz, Antoni (2 de xuño de 2013). "Regreso al Infierno" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "Luque revive en el extremo". El País (en castelán). 2 de outubro de 2003. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  9. Estévez, José Luis (15 de decembro de 2002). "Golazo de Luque". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  10. "El zurdazo que noqueó a la Juventus". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de febreiro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  11. "La histórica remontada del Depor ante el Milan como referente" (en castelán). 9 de marzo de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  12. "11 años del Oporto - Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de abril de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  13. "Luque se va al Newcastle por 14 millones de euros". As (en castelán). 26 de agosto de 2005. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  14. "A 4-1 win at Sunderland and Shearer's last game" (en inglés). 17 de abril de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  15. "Luque da la victoria al Newcastle". UEFA (en castelán). 2 de novembro de 2006. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  16. "Albert Luque se pelea con un compañero por no pasarle el balón" (en castelán). 14 de novembro de 2007. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  17. "Albert Luque se desvincula del Ajax" (en castelán). 30 de xullo de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  18. "Albert Luque se despide hoy de sus compañeros" (en castelán). 4 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  19. "Luque, novedad en la lista de Camacho para el Mundial". ABC (en castelán). 13 de maio de 2002. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  20. "España gana a Sudáfrica y se medirá a Irlanda en octavos" (en castelán). 13 de xuño de 2002. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  21. "España, eliminada de la Eurocopa al perder frente a Portugal". ABC (en castelán). 20 de xuño de 2004. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  22. "Oficial: Luque se une al gabinete de presidencia de la RFEF" (en castelán). 21 de maio de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  23. "Albert Luque, nuevo director de la Selección Española de fútbol". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 8 de decembro de 2022. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  24. "Albert Luque presionó a Jenni Hermoso para que declarara a favor de Rubiales" (en castelán). 5 de outubro de 2023. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  25. "La RFEF aparta a Albert Luque tras la petición de cárcel de la Fiscalía por las coacciones a Jenni Hermoso" (en castelán). 27 de marzo de 2024. Consultado o 10 de outubro de 2024. 
  26. "Pedro Rocha despide a Albert Luque, para el que la fiscalía pide un año y medio de cárcel por presuntas coacciones a Jennifer Hermoso". El País (en castelán). 15 de maio de 2024. Consultado o 10 de outubro de 2024.