Audiencia Nacional de España
A Audiencia Nacional é un tribunal español con sede na cidade de Madrid e que ten xurisdición en todo o territorio de España. É un tribunal tanto de apelación como de instancia naquelas materias que a Lei Orgánica do Poder Xudicial indica pero en ningún caso trátase dun tribunal de casación.
Regulación
[editar | editar a fonte]A súa regulación atópase no capítulo II, do título IV do libro I da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.
Este tribunal intégrase do seguinte modo:
- Unha orde xurisdiccional penal con dúas salas, a Sala do Penal e a Sala de Apelación.
- Unha orde xurisdiccional contenciosa-administrativa coa Sala do Contencioso-Administrativo.
- Unha orde xurisdiccional social coa Sala do Social.
Hai que destacar que non conta con sala do civil ao non posuír competencia civil.
A Audiencia Nacional coñece, entre outras, de materias de especial importancia como:
- En materia penal de determinados delitos contra a Coroa ou membros de Gobernos, delitos de crime organizado como terrorismo, narcotráfico, falsificación de moeda, e de delitos cometidos fose do territorio nacional cando conforme ás Leis ou aos tratados corresponda o seu procesamento aos Tribunais Españois.
- En materia contencioso-administrativa dalgúns recursos contencioso-administrativos contra disposicións e actos dos Ministros e Secretarios de Estado.
- En materia laboral coñecerá en única instancia dos procesos especiais de impugnación de convenios colectivos cuxo ámbito territorial de aplicación sexa superior ao territorio dunha Comunidade Autónoma e doutras materias.
A Audiencia Nacional está composta polo seu Presidente, os Presidentes de Sala e os maxistrados que determine a lei para cada unha das súas Salas e Seccións. O Presidente da Audiencia Nacional, que terá a consideración de Presidente de Sala do Tribunal Supremo, é o Presidente nato de todas as súas Salas.