Alan Stacey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1933 Essex, Reino Unido |
Morte | 19 de xuño de 1960 (26 anos) Circuíto de Spa-Francorchamps, Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de motociclismo |
Nacionalidade deportiva | Reino Unido |
Deporte | automobilismo Motociclismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Alan Stacey nado en Broomfield, Inglaterra o 29 de agosto de 1933 e finado en Circuíto de Spa-Francorchamps, Liexa, Bélxca, foi un piloto de carreiras británico. Comezou a súa relación con Lotus cando construíu un dos kits de MkVI ofrecidos pola compañía. Logo de correr neste coche, continuou construíndo un Eleven, participando ocasionalmente en Le Mans baixo o paraguas do equipo Lotus. Durante os anos seguintes pasou moito tempo desenvolvendo coches de Lotus de Gran Premio, especialmente o 16 con motor dianteiro e logo o 18. Participou en 7 Grandes Premios de Fórmula 1, debutou o 19 de xullo de 1958. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en varias carreiras fóra de campionato de Fórmula Un.
Coches deportivos
[editar | editar a fonte]Stacey participou con P.H. Ashdown nun Lotus 1098 de c.c. nas 24 Horas de Le Mans de 1957. Terminaron 9º cunha velocidade media de 159´458 km/h. Os catro primeiros lugares foron para os equipos británicos de Jaguar Racing.[1] Stacey pilotou un Lotus-Climax á vitoria en Aintree, nunha carreira en xullo de 1959 para coches deportivos de 1400cc a dous litros. O seu tempo foi 37 minutos 39.4 segundos.[2]
Morte
[editar | editar a fonte]Stacey morreu durante o Gran Premio de Bélxica de 1960, en Spa-Francorchamps, cando se estrelou a 190 km/h. logo de ser golpeado na cara por un paxaro na volta 25, mentres que se atopaba sexto no seu Lotus 18-Climax[3][4] (O mesmo tipo Lotus que Stirling Moss, Jim Clark e Innes Ireland).[5]
Stacey saíuse da estrada pola parte interior da curva de Burnenville (a mesma curva onde Moss estrelárase o día anterior),[3] subiu un noiro dun metro de alto, penetrou tres metros de setos grosos e caeu nun campo.[6] Morreu uns minutos despois que Chris Bristow,[7] que pilotaba un Cooper pertencente ao equipo de Yeoman Credit. Os dous ingleses perderon a vida a uns centos de metros, na mesma curva á dereita na que Moss accidentouse o día anterior. Moss abandonou con fractura de pernas, tres costelas e o nariz. Nunha edición da revista Road and Track, o amigo e compañeiro de Stacey Innes Ireland escribiu un artigo sobre a morte de Stacey, no que afirmaba que algúns espectadores afirmaban que un paxaro batera con Stacey cando se achegaba á curva, posiblemente golpeándoo e deixándoo inconsciente, ou posiblemente matándoo rompéndolle o pescozo, antes de que o coche se estrelase.[8]
Personalidade
[editar | editar a fonte]Stacey foi descrito como tranquilo e gregario. A súa condución era "conservadora" segundo un observador. Tiña unha perna artificial e confabulóuse cos seus compañeiros de equipo para enganar aos controis médicos para participar en Le Mans. Cruzaba as súas pernas poñendo a de verdade arriba, á hora de comprobar os seus reflexos. Entón os seus compañeiros de escudería tosían con forza. Stacey descruzaba as súas pernas e volvíaas a cruzar cando o médico volvíase cara a el, de novo coa verdadeira arriba. Valíase dunha empuñadura de guiador de motocicleta sobre a panca de cambios para regular a velocidade do motor ao reducir de marcha, porque non podía facer «punta-tacón».
Feitos recentes
[editar | editar a fonte]O orixinal Lotus VI de Stacey foi adquirido ao seu dono pola familia Stacey e someteuse a unha restauración completa, nas mans dun amigo da escola de Stacey, VSCC, o piloto da Bentley Drivers Club e membro da Historic Grand Prix Drivers Association Ian Bentall, quen orixinalmente axudara a construír o coche. O Lotus aínda está en mans da familia Stacey e fai aparicións ocasionais nas pistas.
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Escudería | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Team Lotus | Lotus 16 | Climax L4 | ARX |
MON |
NED |
500 |
BEL |
FRA |
GBR Ret |
ALE |
POR |
ITA |
MOR |
NC | 0 |
1959 | Team Lotus | Lotus 16 | Climax L4 | MON |
500 |
NED |
FRA |
GBR 8 |
ALE |
POR |
ITA |
USA Ret |
NC | 0 | ||
1960 | Team Lotus | Lotus 16 | Climax L4 | ARX Ret |
NC | 0 | ||||||||||
Lotus 18 | Climax L4 | MON Ret |
500 |
NED Ret |
BEL Ret |
FRA |
GBR |
POR |
ITA |
USA |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jaguars Sweep Top Four Places, New York Times, 24 de xuño de 1957, Page 40.
- ↑ Jack Brabham First In Auto Grand Prix, New York Times, 19 de xullo de 1959, Page S1.
- ↑ 3,0 3,1 2 Rookie Drivers Die In Grand Prix, New York Times, 20 June 1960, p.40.
- ↑ Kettlewell, Mike. "Spa: A Course for Courage", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles (London: Orbis, 1974), Volume 18, p.2105.
- ↑ Man and Machine, New York Times, 8 de abril de 1968, p.66.
- ↑ Why Men Race With Death, New York Times, 1 October 1961, p.SM37.
- ↑ Man and Machine, New York Times, 8 de abril de 1968, Page 66.
- ↑ Thomas O'Keefe, Clark and Gurney, The Best of Both Worlds, Atlas F1, Volume 7, Issue 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Stacey |