Aeroporto de Oulu
Aeroporto de Oulu Oulun lentoasema
Uleåborgs flygplats | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Finavia | ||
Cidade/Illa | Oulu | ||
Localización | Oulunsalo | ||
Elevación (msnm) | 14 metros / 47 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12/30 | 2 501 | 8 205 | asfalto |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 923 246 |
O aeroporto de Oulu (IATA: OUL, OACI: EFOU) é un aeroporto que serve a Oulu. Está situado a 10,6 quilómetros ao suroeste do centro da cidade. É o segundo aeroporto máis concorrido de Finlandia despois do de Helsinqui-Vantaa en termos de pasaxe, con 923 246 pasaxeiros no ano 2017.[1] Opera ao redor de 20 voos diarios a Helsinqui e tamén é usado pola Forza Aérea de Finlandia para o adestramento dos seus pilotos. A vella terminal foi recentemente demolida para ter máis espazo na plataforma de estacionamento e unha ampliación da terminal principal foi completada en setembro de 2011. Nela instaláronse catro novas pasarelas de embarque e a súa superficie aumentou en 4 300 metros cadrados, aumentando a súa capacidade a 1,5 millóns de pasaxeiros anuais. O aeroporto está operado pola compañía pública Finavia.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Aegean Airlines | Chárter estacional: Chania |
Finnair | Helsinqui Estacional: Chania, Gazipaşa, Palma de Mallorca (comeza en xuño de 2018) |
Finnair operado por Nordic Regional Airlines |
Helsinqui |
Jet Time | Chárter: Gran Canaria, Vilnius |
Nextjet | Gotemburgo, Luleå, Sundsvall, Tromsø |
Norwegian Air Shuttle | Helsinqui Estacional: Gran Canaria, Tenerife-Sur |
Primera Air | Chárter estacional: Funchal-Madeira, La Palma |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Finavia (ed.). "Passengers 2017" (PDF). Consultado o 8 de xaneiro de 2018.